Celebramos o Día da Muller
O 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller, chamado antes Día da Muller Traballadora.
No noso centro pensamos que un día non é suficiente, e esforzámonos por que todos os días sexan oportunidades para traballar a igualdade entre homes e mulleres.
Neste curso, decidimos aproveitar esta semana para celebrar a vida e traballo de mulleres relacionadas coa paleontoloxía e, en xeral, cos dinosauros.
Clicando na imaxe poderás ver os traballos do noso alumnado, e descubrir a moitas mulleres brillantes.