Skip to Content

Novas

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2024

SOLICITUDE DE RESERVA CENTRO ADSCRITO

ESTIMADAS FAMILIAS;

 

ACHEGAMOS TODA A INFORMACIÓN PARA A SOLICITUDES DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA.

TODAS A INFORMACIÓN PODEDES ATOPALA NO SEGUINTE ADXUNTO PDF

9 MESES, 9 HÁBITOS. Novembro: A camiñar!

Empezamos outro mes e toca un novo reto da nosa campaña "9 meses 9 hábitos". Se en outubro recordabamos a importancia de beber auga para manter os nosos niveis de hidratación, neste mes é o turno de recordar a importancia e beneficios de camiñar a diario, tanto para nenos e nenas como para os adultos de todas as idades.

 Déixovos enlaces a varios vídeos nos que se fala dos beneficios desta actividade:

Vídeo: Por que é tan bo camiñar? 

Vídeo: Beneficios de camiñar para os nenos

Pero non sería un reto se non vos invitamos  a levar esta actividade á practica, non si? A idea é que vos marquedes un mínimo de pasos diarios e que controledes a través do voso smartphone, fitband, smartwatch, etc se os cumprides ou non. Se queredes ter información das mellores apps para facer este seguimento só tedes que premer no enlace. Tamén podedes descargaros a folla de rexistro dos pasos diarios para cubrir durante todo o mes nos adxuntos que figuran máis abaixo. Podedes compartila en instagram mencionando a canle do cole @ceip_reboreda e o hashtag #9meses9habitos.

E se non sodes moito de tecnoloxías que iso non sexa unha excusa. Podedes marcaros un tempo diario para camiñar e controlalo polo voso reloxo de toda a vida, o caso é camiñar. A que estades esperando? Animádevos!

 

A coordinadora de Benestar e Convivencia

 

 

 

9 MESES, 9 HÁBITOS. Outubro: beber auga

Como novidade deste curso todos os centros tivemos que presentar dous novos plans: o Plan de Benestar e Convivencia e o Plan de Actividade Física e Hábitos saudables. Na búsqueda de recursos para acadar os obxectivos dos citados plans ocurríusenos que podiamos facer unha campaña de desenvolvemento de hábitos saudables ao longo do curso e puxémonos mans á obra. De aí naceu o proxecto 9 meses, 9 hábitos, co obxectivo de promover un hábito saudable cada mes.

Iniciamos o mes de outubro co propósito de mellorar o consumo de auga de todas as persoas da nosa comunidade educativa, non só do alumnado. A continuación tedes enlaces a vídeos con información para nenos e nenas, páxinas web para as persoas adultas e un enlace a unha folla de rexistro de consumo de auga diaria para que podades cubrir. Podedes compartir os vosos avances durante o mes no instagram do cole, usando os hashtags #reboreda=benestar e #9meses9habitos. A que estades esperando?

VIDEOS

Beneficios de tomar agua

Importancia de tomar agua

Importancia de la hidratación para niños

Bebamos agua (canción)

WEBS

¿Por qué es bueno beber agua?

Elija el agua para una hidratación saludable

¿Qué cantidad de agua se recomienda beber al día?

FOLLA DE REXISTRO DESCARGABLE

Imprimible

 

Un saúdo

 

A coordinadora de Benestar e Convivencia

HORARIOS PARA AS REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

Estimadas familias,

Deixamos a vosa disposición os horarios para as reunións de inicio de curso. 

Reunións de inicio de curso.

CURSO

DATA-HORA

LUGAR

INFANTIL

MÉRCORES 6 setembro   -    12.00H

Salón actos

2º PRIMARIA

MARTES  12 setembro  -    16.00H

AULA

 

 

 

4º PRIMARIA

XOVES 7 setembro  -      11.30H

Salón actos

1º PRIMARIA

XOVES 7 setembro  -      10.30H

Salón actos

6º PRIMARIA

MARTES 12 setembro -    17.30H

AULA 6ºB

5º PRIMARIA

MARTES 12 setembro  -    16:45H

AULA

LISTAS DEFINTIVAS E ENTREGA VALES DE LIBROS E MATERIAL

ESTIMADAS FAMILIAS, 

 Hoxe xa sairon as listas definitivas da participación no fondo solidario de libros.

 

 

 Podedes recoller os vales correspondentes dende o mércores  5 de xullo ata o venres 7 de xullo en horario de 9.30  a 13.30horas.

Os que queden pendentes se recollerán en setembro. 

 

Un saúdo

O Equipo

LISTAS PROVISIONAIS FONDO LIBROS 2023

ESTIMADAS FAMILIAS, 

Xa podedes consultar nos taboleiros do centro ou chamando aos teléfonos 886110662 - 886110663

as listas provisionais de PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

 

Un saúdo

O Equipo

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Antes de irnos de vacacións queremos compartir con todos/as vos as recomendacións lectoras para este verán feitas polo equipo da biblioteca do centro.

IMPORTANTE- HORARIO SECRETARIA PARA A TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES FONDO LIBROS

 

ESTIMADAS FAMILIAS;
 
O HORARIO DE SECRETARIA PARA A TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES LIBROS DE TEXTOS E MATERIAL ESCOLAR É:
 
 
DE LUNS A VENRES
 
 
- 8.45 a 9.40
- 12.40 a 13:45
 
 
 
 

CONVOCATORIA DE AXUDA FONDO DE LIBROS

Estimadas familias,

Xa tedes a vosa disposición na páxina da Consellería de Educación os formularios para solicitar a axuda para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en Educación Primaria.

 

ADXUNTO ORDE DOG VERNES 19 MAIO

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-100523-0001_gl.pdf

IMPORTANTE :

Artigo 9: Presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023 (este incluído).

 

Artigos11. Documentación complementaria

 

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-ANEXOS I-II). Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave 365

- Na secretaría do centro

 

 

Podedes descargar as solicitudes no seguinte anexo ou adquirilas na secretaría do centro.

SOLICITUDES (ANEXO I)

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294

ANEXOII

file:///C:/Users/prodmoi/Downloads/document.pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut