9 MESES, 9 HÁBITOS. Outubro: beber auga
Como novidade deste curso todos os centros tivemos que presentar dous novos plans: o Plan de Benestar e Convivencia e o Plan de Actividade Física e Hábitos saudables. Na búsqueda de recursos para acadar os obxectivos dos citados plans ocurríusenos que podiamos facer unha campaña de desenvolvemento de hábitos saudables ao longo do curso e puxémonos mans á obra. De aí naceu o proxecto 9 meses, 9 hábitos, co obxectivo de promover un hábito saudable cada mes.
Iniciamos o mes de outubro co propósito de mellorar o consumo de auga de todas as persoas da nosa comunidade educativa, non só do alumnado. A continuación tedes enlaces a vídeos con información para nenos e nenas, páxinas web para as persoas adultas e un enlace a unha folla de rexistro de consumo de auga diaria para que podades cubrir. Podedes compartir os vosos avances durante o mes no instagram do cole, usando os hashtags #reboreda=benestar e #9meses9habitos. A que estades esperando?
VIDEOS
Importancia de la hidratación para niños
WEBS
Elija el agua para una hidratación saludable
¿Qué cantidad de agua se recomienda beber al día?
FOLLA DE REXISTRO DESCARGABLE
Un saúdo
A coordinadora de Benestar e Convivencia