Skip to Content

Educación Primaria

Visita á praza de abastos e á exposición "Conquistadoras"!

Nesta ocasión a tarefa era facer a compra: primeiro elaboramos por parellas un plato principal equilibrado e despois tiñamos que ir preguntando os prezos dos alimentos que necesitabamos. Así repasamos diferentes contidos traballados na aula.

Na exposición "Conquistadoras", a través dun xogo de pistas, fomos repasando a vida de mulleres pioneiras en diferentes campos.

 

XXIII Edición do Concurso da Reboraina

Presentamos o cartel e lema gañadores do concurso da Reboraina, que neste curso 21/22 celebra a súa vixésimo terceira edición!

Animádevos a participar!

Cartel Reboraina frontal

Celebramos o Día da Muller

O 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller, chamado antes Día da Muller Traballadora.

No noso centro pensamos que un día non é suficiente, e esforzámonos por que todos os días sexan oportunidades para traballar a igualdade entre homes e mulleres.

Neste curso, decidimos aproveitar esta semana para celebrar a vida e traballo de mulleres relacionadas coa paleontoloxía e, en xeral, cos dinosauros.

Clicando na imaxe poderás ver os traballos do noso alumnado, e descubrir a moitas mulleres brillantes.

Álbum: Curso 2021/22 -> Día Internacional da Muller

Visita de Enrique Mauricio e Carlos Taboada

O alumnado de primeiro e segundo coñece a Ernestina Otero.

A función de nutrición, con Vicent Llobet.

Moitas grazas!

Día de Rosalía 2022

Hoxe, día 23 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía.

No cole, dedicamos a semana pasada a explorar o traballo e a vida da nosa poetisa a través dunha escape room que fixemos na biblioteca.

Na seguinte galería podedes ver algunhas imaxes dos nenos e das nenas buscando pistas, traballando en equipo, e achegándose á figura desta gran muller.

Clicade na imaxe ↓

Álbum: Curso 2021/22 -> Día de Rosalía

Visítanos Sabela Lago

Meeting Cindy

Yesterday we met the lovely Cindy, the school’s new foreign language assistant. She will help our students to improve their speaking and listening abilities in the English language.

Onte coñecimos á encantadora Cindy, a nova asistente de lingua estranxeira do colexio. Ela axudará ao noso alumnado a mellorar as súas habilidades para falar e escoitar na lingua inglesa.

Welcome to Reboreda!

 

Programa "Dixítalízate con Nós"

O obxectivo xeral do programa “Dixitalízate con Nós” é o de cubrir as necesidades de subministro de liña de internet e material informático (ordenadores, táblets, etc.) durante todo o ano 2021 a menores de Galicia cando as súas familias se atopen en situación de risco de exclusión social, por carencia e/ou limitación de recursos económicos.

  • Cobertura de Fibra/ADSL - Menores de 6 a 18 anos.
  • Entrega de ordenadores e material informático - Menores 13 a 18 anos.
  • Entrega de tablets - Menores de 6 a 12 anos.

Para máis información, clicade na imaxe: 

Distribuir contido


by Dr. Radut