Skip to Content

Educación Infantil

Visítanos Sabela Lago

Non te extingas, namórate!

 As baleas celebran o día do amor 

Meeting Cindy

Yesterday we met the lovely Cindy, the school’s new foreign language assistant. She will help our students to improve their speaking and listening abilities in the English language.

Onte coñecimos á encantadora Cindy, a nova asistente de lingua estranxeira do colexio. Ela axudará ao noso alumnado a mellorar as súas habilidades para falar e escoitar na lingua inglesa.

Welcome to Reboreda!

 

Entradas e saídas, curso 21-22

O alumnado entrará ao recinto pola porta asignada a medida que chegue, e irá directamente á súa aula, onde o seu titor ou titora o estará esperando.

  • Educación infantil: accederán ao recinto polo portalón do patio cuberto, e ao centro pola porta de dito patio. (ruta verde).
  • 1ºB, 2º e 6ºA de educación primaria: accederán ao recinto polo portalón principal, e ao centro pola porta principal. (ruta vermella).
  • 1ºA, 3º e 6ºB de educación primaria: accederán ao recinto polo portal do patio superior, e ao centro pola porta de emerxencia da aula de informática. (ruta amarela).
  • 4º e 5º de educación primaria: accederán ao recinto polo portal da parte traseira do pavillón, e ao centro pola porta principal. (ruta azul).

Os pais, nais e titores legais non poderán acceder ao recinto, agás os de educación infantil.

Boletín informativo Curso 21-22


Podedes descargar o boletín premendo no arquivo adxunto.

Período de adaptación de 4º de infantil

Podedes descargar as imaxes no arquivo adxunto.

AXUDAS DE COMEDOR E EDUCACIÓN INFANTIL 2021-2022 CONCELLO DE REDONDELA

O Concello de Redondela abre o prazo mañá día 24 de xullo para presentar as axudas de comedor  do curso 2021-2022 ata o 23 de agosto.

Por outra banda, está aberto o prazo para solicitar axudas para libros e material.

O alumnado ao que vai destinado e o alumando de 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos).

O prazo para presentar as solicitudes e do 24 de xullo ata 10 de agosto  de 2021

 

Ligazóns Concello de Redondela:

 

http://redondela.gal/gl/subvencions

 

adxuntos:

bases das convocatorias

Mensaxe de ánimo para a Fundación Menela

A Fundación Menela leva a cabo o proxecto Xacobeo Autismo. Un Camiño para todos., co que pretende:

    "dar a posibilidade a 20 persoas, con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e discapacidade intelectual asociada, de realizar un tramo do Camiño Portugués da Costa, en etapas adaptadas as capacidades dos participantes no proxecto."

Como parte do proxecto, invitan aos centros a "camiñar con eles".

Este ano, por mor da Covid, non é posible participar nesta xornada de convivencia. Por tanto, mandámoslles aos e ás camiñantes de Menela este vídeo de ánimo, con toda a nosa enerxía para que teñan un bo camiño!

Documentos de interese para as familias. Curso 20/21

Deixámosvos aquí os documentos que os titores e titoras están a entregar nas reunións iniciais de titoría, por se alguén non pode vir ás mesmas.

AbalarMobil para as familias

Este ano, debido ás circunstancias causadas pola Covid-19, a vía de comunicación preferente entre o centro e as familias será AbalarMóbil.

Animámosvos a que vola descarguedes:

   


 

Distribuir contido


by Dr. Radut