Entradas e saídas, curso 21-22
O alumnado entrará ao recinto pola porta asignada a medida que chegue, e irá directamente á súa aula, onde o seu titor ou titora o estará esperando.
- Educación infantil: accederán ao recinto polo portalón do patio cuberto, e ao centro pola porta de dito patio. (ruta verde).
- 1ºB, 2º e 6ºA de educación primaria: accederán ao recinto polo portalón principal, e ao centro pola porta principal. (ruta vermella).
- 1ºA, 3º e 6ºB de educación primaria: accederán ao recinto polo portal do patio superior, e ao centro pola porta de emerxencia da aula de informática. (ruta amarela).
- 4º e 5º de educación primaria: accederán ao recinto polo portal da parte traseira do pavillón, e ao centro pola porta principal. (ruta azul).
Os pais, nais e titores legais non poderán acceder ao recinto, agás os de educación infantil.