Aquí vos deixamos unha infografía para que poidades repasar as normas da biblioteca, xa que este ano tivemos que introducir moitas novidades. Pinchade na imaxe para acceder ao texto completo.
O vindeiro mércores será a inauguración da exposición do proxecto que imos traballar ao longo de todo o curso. Titúlase "Construímos?, e trata sobre a arquitectura (interrelacionándoa con todas as materias), e sobre a mellora dos espazos educativos.
Menudo traballo de creación de textos fixemos no centro! Este ano polo Samaín creamos nas diferentes aulas un caligrama de medo, e agora toca desfrutar coa exposición do traballo feito. Parabéns! Pincha na imaxe para acceder.
O pasado venres 23 celebramos o día das Bibliotecas, e a nosa mascota Chisco foi repartindo polas aulas as mochilas viaxeiras e os carnés. Ademais, vimos os vídeos que fixeron os Chiscoaxudantes. Fixo ilusión tanto a maiores como a pequenos!
Aquí tendes algunhas das novidades que chegaron á biblioteca de Chisco xusto antes da pandemia.
Relacionados co pensamento lóxico e matemático, da gran mestra Antonia Canals:
Para reflexionar acerca das pedagoxías e introducir aspectos tan importantes como o traballo das emocións e o teatro:
Relacionado co desenvolvemento do cerebro:
En relación coa natureza e coa necesidade dun ambiente amable:
Para celebrar o Día das Bibliotecas, os chiscoaxudantes (alumnado de 5 de primaria) cóntannos o conto de "O tesouro da escola", relacionado coa arquitectura.
Atención aos Chiscoaxudantes! Non vos perdades as normas e a organización da biblioteca desde curso escolar.
Ola rapaces e rapazas de Randufe!
Por fin chegou o día de apertura da nosa Biblioteca!
Mañá, 23 de outubro, celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares, cuxo lema para este curso é “Xeografías lectoras na Biblioteca”
Cales son os teus gustos lectores? Que tipo de libros adoitas escoller? Gústanche máis as historias de ficción ou os libros de Ciencia; a poesía ou o teatro...?
Cando te adentras na Biblioteca TI PODES ELIXIR!!
A través dos libros podes… viaxar polo mundo, explorar diferentes paisaxes, investigar sobre temas do teu interese… podes disfrutar e comprender mellor o noso mundo e o mundo dos outros… aprender moitiiiiísimo!
Prepárate a ler en diferentes formatos e soportes tanto textos como imaxes; imaxes fixas e en movemento; gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada…
Coma todos os anos Chisco dávos a benvida! Por certo, non vos perdades o vídeo que prepararon os compañeir@s de 5º para explicar as novas NORMAS para este curso e tamén o novo PROXECTO que temos preparado É fantástico!
Achegámosvos unha recompilación dalgún dos libros que temos na nosa biblioteca relacionados coa temática do medo. Ademais, completamos este recurso con contos, curtas e cancións. Pinchade na imaxe para acceder. Que tremades do medo!
Chisco precisa a vosa axuda!! Entre as novas normas, os libros que non paran de chegar e todo o que ten que desinfectar, non pode máis. Poderán presentarse a Chiscoaxudantes o alumnado da aula de 5º de Educación Primaria, avisando a súa titora ou a Estrella.
Moitas grazas pola vosa colaboración.