Benvidos a todos e todas a este curso que, un ano máis, comezamos con moita ilusión e enerxía. Nesta ocasión queremos levar a cabo un proxecto para traballar a convivencia e o bo clima no noso colexio, titulado “Así convivimos no CEIP de Randufe”. Ao longo do curso presentaremos actividades que nos axuden a reflexionar e a actuar para acadar un ambiente agradable e de respecto no noso centro, para vivir en paz e harmonía, en definitiva, para ser felices na escola.
Un ano máis presentámosvos a Guía de lectura do Nadal con propostas de libros para pedir aos Reis Magos, ao Apalpador ou a Papá Noel.
A LECTURA DUN BO LIBRO PODE SER MÁXICA.
Boas festas!
Para crear unha sociedade libre de violencias contra as mulleres, faise necesario traballar a igualdade de xénero dende a escola. Este ano, baixo o lema "A IGUALDADE ESTÁ NAS NOSAS MANS" , traballamos esta temática nas titorías e rematamos cun "Obradoiro de mans" conxunto, onde cada un/unha de nós expresamos o noso rexeitamento á violencia de xénero.
Tamén contamos cun recanto de libros sobre o tema na entrada.
Xunto co equipo de D.L. creamos un espazo na nosa escola con libros sobre esta temática, accesibles para toda a comunidade educativa e onde se ilustra a biografía destes científicos, traballada nas aulas.
Estas son as algunhas das novas adquisicións da nosa biblioteca!!
Achégate na hora de ler ou nos recreos e pasa un rato entretido connosco!!
Un ano máis chega o Samaín e para achegarnos a esta celebración, nada mellor que descubrir historias terroríficas, coñecer tradicións e crear divertidos poemas e relatos...
O pasado 24 de Outubro, con motivo do Día das Bibliotecas, abrimos a biblioteca do noso centro. Como este curso imos traballar sobre o Medio Ambiente, os "Chiscoaxudantes" de 5º de E.P. prepararon un conto moi bonito que ten moito que ver coas bibliotecas e co tema a traballar: A árbore da escola, de Antonio Sandoval.
Ademais puxemos en funcionamento as "mochilas viaxeiras", que todas e todos estabamos agrardando con impaciencia, e o empréstito de libros.
Esperamos que todos e todas desfrutedes mergullándovos nos libros, contos e historias e viaxedes polos marabillosos mundos que nos ofrecen.
Bo día rapazas e rapaces!
Aquí vos mostramos algunhas das actividades que fixemos para conmemorar o "Dia do Libro"
Compartimos divertidos momentos de recreo lendo e creando un fantástico mural! Esperamos que vos gusten!
Dende hai uns días, xunto coas habituais novidades de libros, contamos coa "Maleta Viaxeira" do CEFORE, que teremos en empréstito durante un mes. Contén libros e fondos en inglés, que irá rotando polas clases, para que todos e todas aprendamos un chisquiño máis desta lingua e nos acheguemos á lectura.
Desfrutádea!
A finais de Marzo, as mestras do equipo de biblioteca, asistimos aos encontros PLAMBE en Santiago de Compostela. Alí aprendemos e compartimos con outros centros e con persoeiros do mundo do libro, como xestionar e mellorar as bibliotecas escolares.