CONTACONTOS

         Hai uns días tivemos a sorte de contar coa visita de Sabela Gago e David Rodríguez, que nos contaron uns contos marabillosos.                       

         Desfrutamos moito con eles!

 

 

 

                             

DÍA DA MULLER

O día  8 de marzo  reunímonos para  celebrar o Día Internacional da Muller.

Os voluntari@s de 6º de EP foron os encargados de guiar o acto e a canción de "Tataravoa" de Fillas de Casandra foi a elixida para conmemorar este día:

 Este día  non é só unha ocasión para lembrar os logros históricos das mulleres na loita pola igualdade de xénero, senón tamén aproveitamos para reflexionar sobre os desafíos que aínda enfrontan as nenas e as mulleres en todo o mundo.

Así, este ano as nosas conclusións quedaron plasmadas nestasbolboretas:


Finalmente compartir con todos e todas este DECÁLOGO realizado polos alumnos e alumnas de 3º de E.P:

 

DÍA DE ROSALÍA

            Aquí temos ao noso alumnado desfrutando da obra de Rosalía de Castro no seu día e achegándose á poesía.

 

       

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

        Xa temos aquí as últimas adquisicións da biblioteca. Esperamos que sexan do voso agrado e que desfrutedes con elas.

 

DÍA DA PAZ

Sorriso DÍA DA PAZ Sorriso

Este ano, no Día da Paz plasmamos a DIVERSIDADE como un valor que enriquece as nosas comunidades e sociedades, achegando unha variedade de experiencias, coñecementos e habilidades. O respecto á diversidade implica aceptar e valorar as diferenzas, recoñecendo que cada persoa é única e ten algo único que achegar ao mundo.

 

 

 

Estes bonecos representan a importancia da coexistencia pacífica e respectuosa de diferentes culturas, razas, relixións, opinións…para acadar un mundo en PAZ.

 

 

OBRADOIRO DE NADAL

 

Este é o froito dos OBRADOIROS DE TARXETAS DE NADAL. Para realizalas, empregamos papel reutilizado e anacos de cartolina. Con elas felicitaremos o Nadal ás nosas familias e amigos.

 

 

 

 

GUÍA DE LECTURA

Con esta nova "Guía de lectura" aportamos algunhas suxestións para que lle pidades aos Reis magos, Papá Noel ou ao Apalpador algún libro este Nadal.

 

DEIXÁDEVOS ATRAPAR POLA MAXIA DOS LIBROS!

PREME NO ADXUNTO

 

 

 

25 N

        Aquí temos o resultado tras reflexionar e traballar sobre a eliminación da violencia de xénero e a convivencia. Quixemos plasmar as conclusións nas nosas pegadas, que nos levan cara o lema escollido: CAMIÑANDO XUNTOS/-AS CARA A IGUALDADE. Confiamos en que o noso labor nos leve a unha sociedade máis xusta, igualitaria e sen violencia.

 

 

 

 

NOVIDADES

            Xa temos colocadas as novas adquisicións, e todo grazas ao traballo dos/das "Chiscoaxudantes", que etiquetan, colocan e ordenan todos os exemplares que van chegando.

           Hai un montón de libros interesantes: banda deseñada, teatro, inventos, corpo humano... Seguro que ides atopar algo que vos gustará. Esperámosvos.