Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Blogues

Samaín 2021

Deixámosvos unha mostra das terroríficas cabazas que fixeron os nosos monstruiños.

 

ELECCIÓN AO CONSELLO ESCOLAR

FAITE SOCIO DA ANPA

14 de novembro, día mundial da Diabete,

Este próximo domingo 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetee este ano cúmprese o primeiro centenario do descubrimento da insulina, sin a insulina todos os que padecen diabetes tipo 1 non poderían sobrevivir. Así que queremos deixarvos algunhas ideas para celebralo grandes e pequenos.

 

 
 

TEATRO: A ÁRBORE QUE NON TIÑA FOLLAS

   

 
      Como remate á actividade lectiva, o alumnado de 2º B representou unha adaptación do libro "A árbore que non tiña follas". Aquí hai madeira de artistas.

 

GUÍA DE LECTURA DO VERÁN

      Despois dun intenso curso, por fin chegan as vacacións. Para entretervos nos momentos de lecer e descanso, aquí tedes unha guía de lectura que vos acompañará este verán.

 

CONTOS E MÁIS CONTOS

      Seguimos celebrando o "Día do libro" con máis contos. Nesta ocasión trátase dunha historia "cunha cor especial", unha versión do libro, O pito Cairo, realizada pola profe de A.L. e o alumnado de 2º B. A ver se vos gusta!

 

                  

DÍA DO LIBRO

      O pasado día 23 de Abril celebramos o "Día do Libro". Para iso o equipo de Voluntariado de 6º de E. Primaria ofreceu un conto no Kamishibai ao resto do alumnado. Respectando o protocolo covid, os nenos e nenas do centro foron pasando polo corredor de entrada ao cole, onde puideron desfrutar do conto "Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?".

      Aínda que foi unha celebración diferente, as voluntarias deron o mellor de si para achegar os libros a todos e todas.

Benvidos/as ao novo curso escolar!

 

 

Ola rapazolas e rapazolos de Randufe!

Teño moitas gañas de vervos. Para aqueles que non me coñezades son Chisco, a mascota da biblioteca. Encárgome de coidar dela cando ninguén está e gústame ver como usades os libros para aprender e para divertirvos. Encántame que os coidedes con tanto agarimo!

Este ano a volta ao cole será un pouco estraña porque haberá moitas novidades, pero xa veredes, unha vez que saibamos as normas, todo será máis sinxelo. 

Ímolo pasar en grande. Benvidos e benvidas a unha nova aventura!

Distribuir contido


by Dr. Radut