Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Blogues

SECCIÓN ESPECIAL DO MES DA CIENCIA

XA ESTÁ LISTA A SECCIÓN ESPECIAL DO MES DA CIENCIA!!

 

  • "Monstruos verdaderos amenazan al planeta"
  • "¿Qué es la evolución?"
  • "Ciencia cotidiana"
  • "Quen se agocha no deserto e no mar?"
  • "100 cosas que saber sobre el planeta tierra"
  • "Gallinario, la enciclopedia definitiva"
  • "África salvaje"

 

E MOITOS MÁIS!!!

CHISCOAXUDANTES

BIBLIOTECA DE SAMAÍN

Xa está preparada a sección especial de Samaín, coas historias máis aterrecedoras !!

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DE CHICO, CURSO 2024/2025

Co día das bibliotecas inauguramos a nosa:

  • Contamos coa presentación do evento co alumnado de 6º.
  • Vimos un vídeo elaborado polo profesorado onde se mostraba qué é a arte galega.
  • Coñecimos o libro no que inspiramos para crear arte: "Arte deja tus huellas" de Marion Deuchars.
  • Fixemos unhas obras que acompañan a árbore de Chisco. 

Un gran traballo do noso alumnado!

NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA

 

      Coa apertura da biblioteca, chegan as primeiras NOVIDADES para ampliar a nosa colección. Esperamos que vos gusten e que gocedes con elas.

 

RECANTO CREATIVO

Aquí temos á nosa rapazada desfrutando no RECANTO CREATIVO, deixando voar a imaxinación...

APERTURA DA BIBLIOTECA

          O pasado 24 de Outubro, con motivo do Día das Bibliotecas, abrimos  a biblioteca do noso centro. Como este curso imos traballar sobre o Medio Ambiente, os "Chiscoaxudantes" de 5º de E.P. prepararon un conto moi bonito que ten moito que ver coas bibliotecas e co tema a traballar: A árbore da escola, de Antonio Sandoval.

           Ademais puxemos en funcionamento as "mochilas viaxeiras", que todas e todos estabamos agrardando con impaciencia, e o empréstito de libros.

 

 

           Esperamos que todos e todas desfrutedes mergullándovos nos libros, contos e historias e viaxedes polos marabillosos mundos que nos ofrecen.

 

 

 

CALENDARIO 2022-2023

MALETA VIAXEIRA

       Dende  hai uns días, xunto coas habituais novidades de libros, contamos coa "Maleta Viaxeira" do CEFORE, que teremos en empréstito durante un mes. Contén libros e fondos en inglés, que irá rotando polas clases, para que todos e todas aprendamos un chisquiño máis desta lingua e nos acheguemos á lectura.

     Desfrutádea!

 

Radio-Tui: Poemas birollos para ler cos ollos

Aquí esta o traballo que os nenos e nenas de 5 anos fixeron sobre o libro “ Poemas birollos para ler cos ollos” que recomendaron para todos os ointes de Radio-Tui. BO TRABALLO RAPACES!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut