Skip to Content

"Xa o di Esther" de Ada

Ada, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre os regalos e os agasallos.

 

Actuación de Raquel Queizás "Caso Azul. Integra a diabetes na escola".

 

                 

A detective privada Raquel Queizás estivo investigando, coa colaboración do alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, o misterio do Caso Azul. Logo da chamada da nai de Mariña, preocupada xa que a súa nena non voltara a casa, puxémonos a traballar! Ao longo da investigación descubrimos a sintomatoloxía da Diabetes Mellitus tipo I, que ocorre no noso corpo cando se manifesta, os seus efectos, como poñerlle remedio e como axudar a quen o precise se fora necesario. Aprendimos moito e pasámolo xenial, gracias Raquel! :)

 

"Xa o di Esther" de Pablo

Pablo, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre a locución adverbial "ás veces".

"Xa o di Esther" de Carmen

Carmen, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre o Samaín.

"Xa o di Esther" de Óscar

Óscar, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre o banco de suplentes no campo de fútbol.

RESERVA DE PRAZA DOS ALUMNOS/AS DE 6º PARA SECUNDARIA NOS CENTROS ADSCRITOS

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AOS CENTROS ADSCRITOS (IES DE PONTEPEDRIÑA E IES DE SAR)   

DO 16 DE XANEIRO AO  6 DE FEBREIRO DE 2023

Deberase tramitar a través da aplicación admisionalumnado             (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) e presentalo no centro de orixe ou en sede electrónica da xunta de galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A)  o formulario normalizado

(ED550A: ANEXO Galego e  ANEXO Castelán) 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

CICLA AQUÍ OU NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS RECOMENDACIÓNS LECTORAS

VISITA DOS REIS MAGOS.

FELICITACIÓN DE NADAL

Radio Furelo 5ºA

O alumnado de 5ºA presenta unha entrevista en inglés ao noso mestre de música Fernando!

Non vos perdades a entrevista en video. Facede click sobre a imaxe:

"Xa o di Esther" de Valentina

Valentina, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre o cemiterio.

 

Radio Furelo 4ºA

O alumnado de 4ºA presentan o seu Radio Furelo sobre a música tradicional galega.

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE.

CELEBRACIÓN DO 25 -N

Co motivo da celebración do día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado do CEIP Ramón Cabanillas, realizou diferentes actividades nas aulas: obradoiros, contos, murais...aquí tedes un mostra dalgún dos traballos realizados e contos traballados.

Renovación parcial do Consello Escolar 2022

Estimadas familias,

Estades chamadas á votación pola/o vosa/o representante no Consello Escolar.

Esta votación realizarase no centro o día 29 de novembro de 8.30h a 9.30h.

A túa participación e moi importante. Poden votar a nai e pai (titor e titora legal) da/o alumnado matriculado no centro, así establecidos no censo pola Xunta Electoral.

O funcionamento adecuado do centro educativo ao que asiste o/a teu/túa fillo/a depende do bo funcionamento do Consello Escolar.

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO (2ª parte)

O día 11 de novembro día de San Martiño o CEIP Ramón Cabanillas celebrou o magosto. Leváronse a cabo xogos populares, nos que ademáis da colaboración do profesorado e alumnado, tivemos tamén a axuda do profesorado de prácticas e o alumnado de sexto de Educación Primaria. Tamén queremos agradecer a colaboración da ANPA xa que asaron as castañas para a súa degustación. Foi un día de diversión e aquí vos deixamos unha pequena mostra dese día.

Radio Furelo 5ºB

Os alumnos e as alumnas de 5ºB presentan o seu Radio Furelo sobre o Magosto.

 

Renovación Parcial do Consello Escolar 2022

Convídase ás/aos nais/pais/titores e titoras legais que así o desexen a participar como membros electos do Consello Escolar do CEIP Ramón Cabanillas, que debe proceder á renovación parcial dos seus membros, segundoa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Para participar nesta elección deben cumprimentar o documento anexo e entregalo antes do peche do centro educativo o día 15 de novembro  de 2022.

Poden facelo en persoa, na conserxería do centro en horario de 9 a 14h ou de 16.30 a 18.30h ou envialo ao correo do centro: ceip.ramon.cabanillas@edu.xunta.gal á atención da dirección do centro.

Grazas por participar neste órgano tan importante para o adecuado funcionamento do centro educativo.

 

Magosto 2022

O 11 de novembro de 2022  tivo lugar o magosto no CEIP Ramón cabanillas.

O alumnado de 6º desenvolveu actividades de monitor/a nas que colaboraron e contribuiron a que o resto de alumnos/as gozaran dunha xornada de xogos populares. Estes xogos foron preparados nos días anteriores coa colaboración do profesorado de Educación Física.

As familias, a través da ANPA, colaboraron no tradicional asado de castañas.

Agradecemos a colaboración de todo o profesorado no desenvolvemento desta actividade tan especial de convivencia escolar.

 PINCHA NA IMAXE PRA VER A GALERÍA DE FOTOS

 

SAÍDA DO ALUMNADO DE PRIMERO. SEGURIDADE VIAL

O alumnado de primeiro de Educación Primaria realizou o venres 4 de novembro unha saída didáctica a cargo da Policía Local para realizar unha actividade práctica de Educación Vial. 

Distribuir contido


by Dr. Radut