Estimadas familias:
Esta semana celébrase a “Semana Europea da Mobilidade”, e por este motivo, o concello pretende levar a cabo unha actividade denominada “O día de camiñar á escola”, que consiste en que o próximo día 20 os nenos e nenas acudan ó colexio camiñando desde uns puntos de encontro sinalados polo concello, ben sexa na compaña doutros menores o de seus país, tratando deste xeito de concienciar a todos da necesidade de manter libres de vehículos os espazos e vías que rodean os centros para maior seguridade dos menores, ó tempo de promover a autonomía dos escolares nos seus desprazamentos escolares, como levamos anos facendo desde o Departamento de Educación Viaria a través do programa Colecamiños.
Para iso reservaranse zonas de estacionamento non puntos de encontro para que os acompañantes dos menores podan deixar os seus vehículos mentres dure a actividade.
O punto de encontro para o colexio Ramón Cabanillas é a zona de estacionamento situada debaixo da vía férrea na rúa do Río de Arriba.
Neste punto haberá persoal do concello, ben Policía Local ou Protección Civil, para acompañar os participiantes ata ó colexio.
Moitas grazas pola vosa colaboración.