Skip to Content

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE 5º E 6º: EDIXGAL

Estimadas familias:

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre o programa EDIXGAL . Programa destinado ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

 

clica na imaxe para acceder ao documento.

 

 

QUENDAS PERÍODO DE ADAPTACIÓN 23-24

* O ALUMNADO PODE SER IDENTIFICADO POLAS FAMILIAS ATENDENDO ÁS INICIAIS DO ALUMNO/A DO CENTRO (1º APELIDO 2º APELIDO, NOME)

Documento en pdf.

A horta no verán

 

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

O material e libros de texto (Proxecto Croqueta 1º trimestre no caso do alumnado de 4 anos) de educación infantil traerase ao Colexio o 6 de setembro de 10 a 13h, o resto dos libros permanece na casa ata novo aviso, as titoras.

O libro de inglés traerase tamén en setembro.

 Material 3 anos 

 Material 4 anos  

 Material 5 anos  

RECOLLIDA DE VALES E FONDO LIBROS

A partir do luns 10 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar de 1º a 6º e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria  os/as solicitantes que teñen dereito aos mesmos, preferentemente en horario de 10 a 13.

Publicadas as listas provisionais de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Publicadas as listas definitivas de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Os interesados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadán".

Información importante.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS.

Despedimos ao alumnado de 6º EP.

 

Agardamos que pasedes un feliz verán!!!

Extraescolares - ANPA 2023/24

 

Para as familias interesadas,
aí van as follas informativas e de inscrición para as actividades extraescolares.
 
Calquera dúbida ou observación, avisade, por favor.
ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas
anpa.ceipramoncabanillas@gmail.com

REUNIÓN ED. INFANTIL 3 ANOS

Á atención das familias de alumnado que teñen concedida praza en Educación Infantil de tres anos para o curso 2023-2024.

Terán unha reunión colectiva co profesorado o mércores 28 de xuño, ás 13:00 horas, na Biblioteca do cole.

Lémbraselles que deben formalizar a matrícula dos seus fillos e fillas do 20 ao 30 de xuño.

BIBLIOTECA. AGRADECEMENTO AO ALUMNADO COLABORADOR.

O pasado venres celebramos un pequeno acto de homenaxe aos alumnos e alumnas de 6º que durante este curso fixeron unha excelente labor como colaboradores e colaboradoras da Biblio Furelo. Sen dúbida, estes rapaces e rapazas foron unha peza fundamental na posta en marcha deste espazo que, pouco a pouco, comeza a retomar a súa actividade.

Unha vez máis, GRAZAS!!! Sodes xeniais, seguro que todo irá ben na nova etapa!!!

"Xa o di Esther" de Nicolás

Nicolás, de 4ºB, presenta o "Xa o di Esther" máis enxebre do curso!

MATRICULA ALUMNADO CURSO 2023-2024

O alumnado que obtivo praza neste centro, pode formalizar a matrícula cumprimentando o ANEXO III, DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO,  xunto a seguinte documentación:

  • Fotocopia dos DNI.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar, sempre que cambiase a situación.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
  • Autorización de permiso de imaxe e saídas extraescolares.
  • Cuestionario uso da lingua.
  • Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • 2 fotos tamaño carné

Pódense descargar os impresos nos documentos adxuntos ou ben solicitalos na conserxería do centro.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

                             

Celebrouse este curso o 1º Concurso de Fotografía Matemática no Ramón Cabanillas.

Nel participaron todolos alumnos do 3º curso de Primaria 

Sendo premiados co

1º Premio: Olivia de 3º B

2º Premio: Cayetana de 3º A

3º Premio: André de 3º A

                        Parabens!!!  a os premiados

                          Moitas Grazas  a todos por participar

 

"Xa o di Esther" de Noa

Noa, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre as palabras máis doces da nosa lingua!

Entrega de Premios Día da Nai Terra

Con moitivo dos premios Día da Nai Terra, hoxe o alumnado premiado saíu a plantar cadanseu a súa árbore... Imos ir vendo se, ao longo dos anos, recollemos os merecidos froitos da perseverancia, a ilusión que aporta o coidado da Terra.

Grazas a ANPA e a todo o profesorado e alumnado que participou. Noraboa.

As imaxes 

"Xa o di Esther" de Lola

Lola, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre o verbo dicir. Un saúdo para Sira!

 

CONCURSO DE DEBUXO PICASSO

O venres 9 de xuño celebrouse a entrega de premios da  oitava edición do Concurso de Debuxo Picasso que organiza a Asociación da Prensa de A Coruña.

 Os/as alumnos/as de 5º de E.P.  Pedro Rodríguez, Raúl Ramos, Carolina Veloso, Guido Hospido y Ana Durán foron galardoados cunha accésit e desprazáronse ao IES Eusebio de Guarda de Coruña para recoller o diploma.

 

Parabéns!!!  

 

Radio Furelo 3 anos B

O alumnado de 3 anos B presenta o seu Radio Furelo a modo de despedida do curso 2022-23.

Saúdos Petiscos

Video de despedida do curso 22-23 do alumnado de 3 anos B

Distribuir contido


by Dr. Radut