O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este luns a convocatoria de becas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria para o curso 2020/2021. Polo tanto, a partir deste martes, 30 de xuño, ábrese un prazo de 15 días hábiles para presentar as solicitudes.
Máis información