Skip to Content

Programa municipal de conciliación de Nadal 2021

O Departamento de Educación do concello de Santiago ten previsto a realización dun programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Nadal 2021 (días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e o 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións dos CEIP Monte do Postes e CEIP Quiroga Palacios, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago. 

Destinatarios: Nenos e nenas empadroados o Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria (ambos os dous inclusive) con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Abrirase un prazo de inscrición e matrícula entre os días 24 de novembro e 13 de decembro de 2021 (ambos os dous inclusive).

Proxecto ELISA. Tres anos de estudo do comportamento infantil no Ramón Cabanillas

Ao longo de tres anos no CEIP Ramón Cabanillas, varias profesoras e profesores (así coma a Comunidade Educativa) colaboraron no estudo lonxitudinal para unha infancia saudable a través do proxecto ELISA (USC). Este estudo permitiu coñecer a evolución dos nenos e nenas durante os primeiros anos de escolarización, no relacionado co comportamento cos demais dende pequeniños.

Os resultados son moi interesantes para comprender o comportamento infantil e poder desenvolver un exercizo de mediación adecuado.

Esta semana outorgáronnos un diploma de recoñecemento pola colaboración realizada.

Algúns dos docentes que participaron no proxecto, recollendo o diploma

Diploma outorgado ao traballo realizado

Pero isto non remata aquí. Neste curso queremos continuar cunha nova fase desta formación e práctica: EmPeCemos, Aprendizaxe socio emocional como estratexia preventiva na educación infantil e primaria.

 

DOLORES PÉREZ NO RAMÓN CABANILLAS

O día 18 de novembro tivemos a sorte de contar no noso centro coa visita de Dolores Pérez

Catedrática de Química e profesora da Universiade de Santiago de compostelae actual Directora Adxunta do Centro de Investigación en Química, Bioloxía e Materiais Moleculares( CIQUS) da USC.

A súa traxectoria investigadora levouna á Universidade de California en Berkeley ou ao MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts). Seu grupo investigador da USC logrou e logra importantes avnces, facendo traballo na catálise organometálica e a súa aplicación no eido dos materias orgánicos.

Falounos da súa investigación, do que é un centro de investigación e de algúns ds temas que se traballan na actualidade no CIQUS.

                 

GALERÍA DE IMAXES

Alumnado de primaria sae a explorar a súa contorna (1ª parte)

O alumnado de 6º de educación primaria realiza unha Saída polas Brañas do Sar o día 19 de novembro de 2021.

O motivo é coñecer a flora desta zona. Realizamos un estudo das plantas e árbores que nos podemos atopar, con fichas de observación das especies autóctonas e invasoras para comprender mellor cal pode ser a nosa implicación na conservación da natureza.

Dentro o programa 2021/22 de Voz Natura propoñémonos retomar os proxectos propostos antes da pandemia. Un deles é o coñecemento e coidado da nosa contorna: 

Unha senda por percorrer: as Brañas do Sar 

Galería de imaxes

 

 

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMANDO AO CONSELLO ESCOLAR

CIRCULAR INFORMATIVA

            De acordo coa Convocatoria do día  16 do mes en curso, o próximo día 23 en horario de 8.30 a 14.30 horas, celebrase neste Centro (entrada principal) a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do CEIP Ramón Cabanillas. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

            1º.-Quen pode votar.

            Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

            2º.- Modo de emitir o voto.

            a) O voto será directo, secreto e non delegado.

           b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

            c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo de 2 nomes das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

            d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

            A dirección deste centro educativo anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación do próximo martes, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

En Santiago de Compostela, a 18 de novembro de 2021

            A XUNTA ELECTORAL

Radio Furelo- " O método científico"

          O METODO CIENTÍFICO  

UNHA PRODUCCIÓN DO ALUMNADO DE 6º B

 

DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS

–ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). (DOG 12/11/2021)

MÁIS INFORMACIÓN 

BENEFICIARIOS/AS    PRESENTACIÓN SOLICITUDES     PRAZO    ANEXOS

Serán beneficiarias e non precisan presentar ningunha solicitude aquelas familias ás que se lles concedeu o vale de axuda para material escolar no curso actual.

Magosto 2021

 castañas asadas

Castañas asadas pola ANPA das Brañas

Despois dun ano difícil, dun ano complexo no que non puidemos celebrar este evento…, o CEIP Ramón Cabanillas recupera o sorriso cun MAGOSTO colaborativo.

Cun sorriso compartido.

Alumna gozando do magosto

Un sorriso que vale máis que 1.000 palabras

1) A ANPA “As Brañas” (pais e nais voluntarios) trouxo castañas que asaron nas grellas cedidas xentilmente pola Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, durante toda a mañá.

GRAZAS!!!

2) O profesorado fixo unha organización de clases especial e preparou recursos específicos inclusivos, para celebrar todas e todos, con xogos populares este evento. Os nosos coidadores, a nosa conserxe e o persoal traballador do centro (limpeza e administración) fixeron da mañá un lugar seguro no que estar.

GRAZAS!!!

3) E que dicir do alumnado do CEIP Ramón Cabanillas?
Os grupos de sexto, unidos pero non revoltos (a COVID aínda non nos deixa), colaboraron guiando por quendas ao resto dos grupos do cole (cuxo comportamento foi fenomenal!) no desenvolvemento das actividades realizadas no exterior (xogos e degustación de castañas). Isto foi posible grazas ao labor organizativo e de preparación dos docentes de educación física.

Colaboradores de 6º A

Colaboradoras/es de 6ºA

Colaboradores de 6º B

Colaboradoras/es de 6ºB

GRAZAS!!!

  • Fácil? Non
  • Posible? Si

Xuntas/os facemos da aprendizaxe un proceso de equipo, de sociedade, no que todas/os participamos: CONVIVIMOS.

Grazas a toda a Comunidade Educativa do CEIP Ramón Cabanillas e Feliz Magosto!!!

Algúns membros da ANPA

Algúns dos pais e nais voluntarios da ANPA As Brañas 

 Pincha na galería de imaxes. Pode que te atopes.

EDUCACIÓN VIAL

 

   Como en cursos    anteriores, membros da Policía Local ofreceron unha charla didáctica sobre educación vial ao alumnado de 4ºA e 4ºC de Educación Primaria.

Preme na imaxe para ver as fotos               

SAMAÍN

Desta volta, o Equipo de Biblioteca ven cunha proposta de cara ao Samaín para as familias.

Buscade nos vosos fondos de biblioteca ou poñédevos creativos coa creación de contos e relatos de medo.

Podedes enviar as vosas hitorias fantasmagóricas ao enderezo-e: bibliofurelo@gmail.com en formato vídeo ou audio até o luns 25 á medianoite.

ESPERAMOS ANSIOS@S AS VOSAS PROPOSTAS!!!

 

Para o deleite de todas e todos aos que vos gusta o MEDO, aquí vai o que deu de sí, o Samaín 2021 no Ramón Cabanillas

(preme na imaxe)

GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

E MOI TERRORÍFICO SAMAÍN 2021!

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

SORTEO PÚBLICO, DÍA 26 DE OUTUBRO DE 2021

A Xornada de votacións para designar aos membros da Xunta Electoral, foi celebrada o pasado día 26 de outubro de 2021 ás 14.10h, onde asistiron como testemuñas unha representación de todos os sectores da Comunidade Educativa do noso centro (alumnado, nais, persoal non docente e profesorado).

A xornada desenvolveuse con normalidade, e as persoas seleccionadas xa foron convocadas para a Constitución da Xunta Electoral, que terá lugar o día 2 de novembro ás 19h. na sala de reunións do Ramón Cabanillas.

 

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN 2021

Este ano celebramos no cole o Samaín, o que outros chaman Hallowen.

Podedes ver as fotos na galería de imaxes do cole.

Preme na imaxe e entrarás directamente. 

 

Ademais na aula virtual da Bibiblioteca poderedes ver os vídeos e escoitar audios dos contos interpretados polo alumnado e algunha nai, están terrorificamente interpretados!

Entra na Biblio en "Acceso como convidado" e escribe convidado.

Ademais do traballo realizado polo alumnado e as familias desde as casas e nas titorías no colexio, esta celebración non tería sido posible sen a coordinación da mesma por parte dos equipos de Biblioteca, TIC, Linguas Estranxeiras, dinamización das linguas e extraescolares.

Grazas a todas/os pola vosa colaboración e até a próxima!

CURSO 2021-2022: PROTOCOLO COVID

O centro conta cun equipo Covid que integra, ademais do profesorado, a persoal non docente, así como a membros da ANPA, incluíndo así todas as voces que poden ter aspectos importantes que aportar á convivencia da contorna da escola e o vecindario.

A principal función deste equipo, desde os seus diferentes ámbitos, é comprobar que se cumpran as medidas de seguridade e de hixiene que contempla o protocolo da Consellería, así como o Plan covid elaborado polo centro para este curso 2021-2022 e actuar axiña ante posibles abrochos.

Resolución de 1 de setembro de 2021 pola que se aproba o Protocolo de adaptación ao contexto Covid-19 para o curso 2021-2022

Reunións informativas principio de curso

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

HABERÁ DISTINTAS QUENDAS NOS GRUPOS NOS QUE SE INDICA, CADA FAMILIA SERÁ AVISADA PARA SABER EN QUE QUENDA LLE CORRESPONDE. 

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA LUGAR HORA
3 ANOS A 5 DE OUTUBRO PSICOMOTRICIDADE  17:30
3 ANOS B 5 DE OUTUBRO XIMNASIO 17:30
4 ANOS A 21 DE SETEMBRO AULA

QUENDA 1 ÁS  17:00

QUENDA 2 ÁS 18:00

4 ANOS B 21 DE SETEMBRO  PSICOMOTRICIDADE 17:30
5 ANOS A 28 DE SETEMBRO  PSICOMOTRICIDADE 17:30 
5 ANOS B 28 DE SETEMBRO XIMNASIO 17:30

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA LUGAR HORA
5ºA 21 DE SETEMBRO  XIMNASIO 17:15 
5ºB 21 DE SETEMBRO XIMNASIO 18:00 
6ºA 5 DE OUTUBRO  BIBLIOTECA 17:30
6ºB 5 DE OUTUBRO 

AULA

(rógase puntualidade)

17:30 desde o apelido Álvarez ao Gontán incluídos

18:00 desde o apelido Landeira ao Vidal

2ºB 6 DE OUTUBRO PSICOMOTRICIDADE 17:00
2ºA 7 DE OUTUBRO XIMNASIO 17:00

1ºA

19 DE OUTUBRO PSICOMOTRICIDADE 18:00

1ºB

19 DE OUTUBRO PSICOMOTRICIDADE 17:00

4ºA

4ºB

4ºC

19 DE OUTUBRO AULA CADA FAMILIA SERÁ AVISADA DA QUENDA QUE LLE CORRESPONDE 

3ºA

3ºB

26 DE OUTUBRO AULA CADA FAMILIA SERÁ AVISADA DA QUENDA QUE LLE CORRESPONDE  

    

NOVAS COMEDOR ESCOLAR

A partir de mañá, mércores 22 de setembro, o servizo de comedor do ceip Ramón Cabanillas contará con dúas quendas no servicio de xantar.

O motivo de esta reorganización, e tendo en conta as vixentes medidas covid, é a de poder dar cabida a tódalas solicitudes que temos no servicio de xantar. 

 Notificamos que o feito de partir o servizo en duas quendas, afecta a hora de custodia e recollida que tamén sufren un leve modificación:

* Os nenos/as de infantil manteran a hora de saida a partir das 15.15.

* O alumnado de primaria deberás ser recollido a partir das 15.30.

 

ANPA "AS BRAÑAS" E NOVOS SOCIOS/AS

Co inicio dun novo curso escolar a ANPA "As Brañas" do CEIP Ramón Cabanillas deixa a disposición de novos/as socios/as a ficha para asociarse.

Se tes interese en formar parte dela, podes descargar, cumplimentar e enviar por correo electrónico a ficha adxunta a anpa.ceipramoncabanillas@gmail.com para formar parte da mesma.

 

INFORMACIÓN COLECAMIÑOS

INFORMACIÓN XERAL PULSEIRAS

PRAZO EXTRAORDINARIO DE MADRUGADORES E DE COMEDORES ESCOLARES

PRAZO EXTRAORDINARIO PARA A ALTA, REXISTRO E A CONTRATACIÓN A TRAVÉS DA APP COLECHEF DOS SERVIZOS DE MADRUGADORES E DE COMEDORES ESCOLARES PARA O MES DE SETEMBRO.

Dende hoxe ata o domingo, 12 de setembro ás 16 h. as familias que non teñan solicitados os servizos de madrugadores e comedores para o mes de setembro na  APP Colechef e que o necesiten, poderán contratar estes servizos para o mes de setembro.

Informamos de que non é suficiente estar inscrito como solicitante de beca (en servizos sociais) ou solicitante de comedor (no Departamento de Educación)se non está dado de alta, rexistrado e contratado os servizos na APP ColeChef. Rematado este proceso na APP, recibirán como resultado unha mensaxe  no correo electrónico facilitado na citada plataforma.

Toda a información sobre o proceso de matrícula nos servizos de madrugadores e de comedores está disponible na web municipal www.santiagodecompostela.gal <http://www.santiagodecompostela.gal/>  pero tamén  o achegamos en documento adxunto para facilitar a súa difusión.

NOVA INFORMACIÓN COMEDOR E MADRUGADORES

Circular do Concello con información xeral ás familias inscritas nos servizos de comedor e madrugadores.

LISTADO DE MATERIAL PARA O ALUMNADO

Lista de material funxible .
Para o primeiro día o alumnado traerá un estoxo co material básico de traballo (colores, lapis e goma), puidendo reutilizar material que teñan na casa ata que o titor ou titora lles indique o material necesario. O alumnado de 5º e 6 ademais do estoxo traerán unha libreta para anotar.

Lembrade enviar tamén a merenda e o kit - Covid.

 

LISTADO DE MATERIAL FUNXIBLE

Primaria
Distribuir contido


by Dr. Radut