Skip to Content

O CEIP Ramón Cabanillas tamén participa... E Ti?

Letras Galegas 2022

 Podcast 2º B  

Podcast 6ºB. 

Radio Furelo

 

INFORMACIÓN SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 

Saída ao Camping Fieitás - O Grove. Saída 5º e 6º EP

 O pasado martes 10 de maio, o  alumnado de 6º e 5º de E.Primaria fixeron unha saída de lecer ao cámping de Os Fieitas en o Grove.

Gozaron dunha xornada moi divertida, aproveitando ese marabilloso entrono: fixeron cabanas no monte, compartiron un xantar cos amigos as sombras das árbores e divertidos xogos na praia onde tamén repuxeron folgos antes de voltar a casa.

Foi un día estupendo, xa había ganas de pasar un día así cos amigos e amigas.

 Fai clic enriba da foto.

Turismo por Compostela

 

O día 11 de maio as nenas e nenos de 4ºA tivemos unha mañá de percorrido pola zona vella compostelana.

Comenzamos na Praza de Mazarelos, de alí a Praza da Quintana para entrar na Catedral pola Porta Santa e coas nosas audio guías visitamos toda a Basílica.

De alí fomos a Praza do Obradoiro, subimos a Praza de abastos e logo de merendar xogamos no parque de Belvís.

De camiño ao autobús coñecemos a farmacia máis antiga de Santiago que data do ano 1843.

Qeremos agradecer a Emma Gutiérrez todo o que aprendimos da nosa cidade, e que gracias os agasallos que nos fixo convertímonos en auténticos peregrinos.

 

AXUDAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2022-23

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica o 03/05/22 a convocatoria de becas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria para o curso 2022/2023. Polo tanto, a partir do 4 de maioábrese un prazo de 10 días hábiles para presentar as solicitudes.

Bases e modelo da solicitude no pdf adxuntos.

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONCELLO/ANUNCIOS

Saída 1º e 2º de primaria - Os Museos de A Coruña

Pendente de reseña

Aceso ao álbum de fotos 2º

Aceso ao álbum de fotos 1º

 

 

                            

Excursión por Santiago. Ímonos investigar ao CIPX de Santiago

Pedente de reseña.

(pendente galería con máis fotos) 

 

Saída do alumnado de 5º

O alumnado de 5º participou da actividade VIRUS#BIODIVERSIDADE no CIPX de Santiago.despois de tanto tempo sen salir do centro por mor da pandemia, foi unha gran experiencia.

 

Charla Química

Taller de quimica impartido por Isabel Costoya, nai de Raúl Blanco Costoya.

O alumnado de quinto disfrutou desta sesión onde a través de atractivos experimentos poideron facer un achegamento as ciencias químicas.

Moitas gazas Isabel!

Visita de profesores do conservatorio ao noso cole

O 26 de abril visitaron o noso centro, unha representación do profesorado do conservatorio de Santiago.

Os nenos e nenas de segundo e terceiro de primaria quedaron encantados e con ganas de ir matricularse nalgún instrumento

 

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

    Con motivo da semana do libro e como agradecemento ao alumnado de sexto pola súa colaboración na biblioteca. Hoxe acompañounos , María Lapido ilustradora profesional.

Graciñas

DÍA DO LIBRO

A clase de 1ºA  fai as súas recomendacións para o día do libro

 

Comezamos a celebración do LIBRO

 

Esta semana con motivo da Semana do Libro, que durará unha quincena.

Queremos animar ao alumnado desde todas as aulas á lectura. Neste caso a proposta do equipo de Biblioteca (apoiado pola dinamización da lingua galega) fixo un chamamento ao alumnado de 6º que participa de colaborador/a de biblioteca e que a puxo a andar, neste curso tan complicado, temos que dicir que a colaboración foi tal, que temos que deixar algún contacontos para Maio, con motivo das letras.

Así o alumnado de 6º está indo polas aulas de infantil para contar un conto. Esta é unha ilustración deste primeiro día.

Grazas rapaces e rapazas, sen vós: nós non somos.

Non deixes de ver que máis cousas preparamos nos documentos adxuntos: Calendario e Programa.

 

Cans no CEIP Ramón Cabanillas

Con motivo da CIENCIA os grupos de 2º curso de EP conxuntamente co equipo de extraescolares concordaron esta actividade á que todo "o mundo" do centro se animou a participar. Desde Infantil, as impulsoras da iniciativa ata 6º curso. 

Mañá remata o evento, pero queremos deixar aquí unha breve reseña, que pronto será escrita con material sobre a asociación que nos visitou e as formas de colaboración que temos. Sobre todo, no interese que pode ter, no caso de que sintamos a necesidade de que un can entrenado poida coidar de nós.

De momento, unhas imaxes ilustrativas.

Xornada de Educación Vial

Nesta semana o alumnado de 6º disfrutou no recinto feiral de Amio dunha nova xornada de Educación Vial 

Grazas a policia local pola organización desta maravillosa experiencia

                  Pincha na imaxe para ver as fotos

 

CANS AO PODER!

OPERACIÓN: PONLLE FREO AO ABANDONO! Co alumnado de 2ºB

 

  Presentamos un programa radiofónico de divulgación e concienciación sobre os cans, a nosa liña de investigación dentro do proxecto a nivel de centro Con-Ciencia-T.
Cans ao poder! Por unha educación responsable.

Día da Muller

8 DE MARZO

                               

DÍA DA Quién era realmente "Rosie, la remachadora", la mujer del icónico cartel  que se convirtió en un símbolo de la fortaleza femenina en Estados Unidos -  BBC News Mundo TRABALLADORA 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022/2023

Pode consultar todo o relativo á admisión na páxina da Xunta de Galicia:

Inicio do procedemento de admisión 2022/2023

Ou descargar as instrucións xerais de admisión 2022/2023 para saber máis.

VACANTES 

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
3 ANOS 50* 38
4 ANOS 14 2
5 ANOS 12 -

  

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
E. PRIMARIA 0** 2
0 -
4 1
2 -
21 1
1 -

*Seis postos de infantil 3 anos están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae). 

**Seis postos de 1º de primaria están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae). 

CALENDARIO 

11 DE XANEIRO A 8 DE FEBREIRO 

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AOS CENTROS ADSCRITOS (IES DE PONTEPEDRIÑA E IES DE SAR)     

Deberase presentar no centro de orixe ou a través da aplicación admisionalumnado             (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado

(ED550A: ANEXO I e  ANEXO I bis)    (SERÁ FACILITADO POLO CENTRO) 

ANTES DO

1 DE MARZO

RESOLUCIÓN DE 23 DE FEBREIRO DE 2022

Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2022/2023, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "V" e "U"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "A" e "Z".

ANTES DO

1 DE MARZO

PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES

1 A 21 DE MARZO

 

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 SOLICITUDES

Os formularios estarán dispoñibles o 1 de marzo de 2022

a) A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.

As persoas solicitantes poderán:

- Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería dirección (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) ou nos arquivos adxuntos para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial. 

ED550B-G ou ED550B-C 

10 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DOS DOUS DÍAS SEGUINTES AO REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Cando non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou admisión

CRITERIOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO E PUNTUACIÓN 

Os documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro 2 días despois do remate do prazo de presentación.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. 

Corresponde ao consello escolar dos centros públicos decidir sobre a admisión de alumnado e nos centros privados concertados, a decisión correspóndelle á súa titularidade coa participación do consello escolar.

ANTES DO 25 DE ABRIL

 

*PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES)

ANTES DO 15 DE MAIO

*PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

DO 20 AO 30 DE XUÑO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN:
PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO CON DATA 21/04/2022. A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre

Quedando admitido todo o alumnado que presentou a solicitude en forma e prazo para os cursos onde había vacantes. 

ENTROIDO 2022

A semana do 21 ao 25 de Febreiro no CEIP Ramón Cabanillas celebramos o Entroido. O martes 22, mércores 23 e xoves 24 o alumnado veu ataviado co que lle encomendou o Meco e o venres 25 organizamos no recreo a festa.

Este curso, a temática do colexio é a ciencia, polo que a maioría do alumnado veu disfrazado de científico/a, ainda que algúns optaron por outros disfraces moi divertidos.

Pincha na imaxe para ver máis...TAMÉN PODEDES DISFUTAR DUN FERMOSO VIDEO 

Distribuir contido


by Dr. Radut