Estimadas familias:
Segundo a Orde do 7 de maio de 2024, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para o material escolar.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 21/05/2024 ao 21/06/2024 ambos inclusive.
Forma de presentación de solicitudes:
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo .
- Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
Documentación a presentar:
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
- Resolución xudicial constitutiva ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
Importante: para acceder ao fondo libros é necesario entregar no centro os libros do curso anterior en bo estado para que se lle poida facer entrega dos novos.
A dirección.