O 2 de xuño de 2015 todo o alumnado do 2º ciclo visitou a illa de Ons. Collemos o barco en Portonovo e ao chegar á illa recorremos a ruta do faro, despois do xantar refrescámonos na praia de Area dos Cans e de volta en Portonovo merendamos á sombra de piñeiros mansos.
Unha ledicia de viaxe!
165 ficheiros, último engadido a xun 03, 2015 Álbum visto 54 veces
O 13 de maio de 2015 celebramos a nosa tradicional Romaría das Letras Galegas, na área recreativa do Xirimbao coa participación de moitas familias e unha boa resposta da comunidade educativa en xeral.
249 ficheiros, último engadido a mai 13, 2015 Álbum visto 55 veces
Co gallo das letras galegas adicamos dúas xornadas adicadas aos xogos tradicionais e populares en colaboración co alumnado de 5º e 6º e que fixeron un traballo magnífico. Grazas maiores!
58 ficheiros, último engadido a mai 11, 2015 Álbum visto 21 veces
No auditorio de Abanca, o mércores 29 de abril, o alumnado de E.I., asistimos a este espectáculo musical que nos engaiolou coas súas cancións e a súa posta en escena.
29 ficheiros, último engadido a mai 06, 2015 Álbum visto 8 veces
O luns 20 de abril de 2015 o alumnado de terceiro fixo unha visita guiada á ruta de Francos , actividade integrada dentro do proxecto Coñece o teu Concello programado pola Concellaría de Educación de Teo. Visitamos o pazo de Raíces, a fonte da Barreira, o cruceiro de Francos do S.XIV, a carballeira do San Martiño, a súa igrexa e o seu cruceiro , a ponte de Paradela e a vista do Castro Lupario dende distintas perspectivas ao longo da ruta.
175 ficheiros, último engadido a abr 20, 2015 Álbum visto 31 veces
O xoves 26 de marzo o alumnado de terceiro curso fixo unha visita guiada ao viveiro.
Observamos as diferentes plantas, aprendemos os seus nomes, os seus coidados e as súas características e ata plantamos en macetas leitugas e amorodos!
99 ficheiros, último engadido a mar 26, 2015 Álbum visto 18 veces
O venres 27 de marzo, derradeiro día antes das vacacións de pascua, os nenos e nenas de infantil gozamos da fabulosa actuación da compañía de Contacontos Tarabelos. A obra "Sabela e o paxaro máxico" engailonos e fíxonos pasar un tempo realmente estupendo.
25 ficheiros, último engadido a abr 09, 2015 Álbum visto 9 veces
O mércores 25 de marzo o alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria asistiu a unha obra teatral do grupo Chévere, que se celebrou no Centro Sociocultural da Ramallosa. Profesorado e alumnado gozou dunha marabillosa actuación!
29 ficheiros, último engadido a mar 25, 2015 Álbum visto 10 veces
Os nenos e nenas de 5 anos, asistimos o luns 9 de maio ao concerto didáctico " Pedro e o lobo" de Prokofiev, interpretado pola Banda Municipal de Santiago e amenizado pola compañía Fantoches Baj.
15 ficheiros, último engadido a mar 11, 2015 Álbum visto 7 veces