Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2011 - 2012:

Atópase aberto o prazo para o proceso de admisión de novo alumnado para Educación Infantil e Educación Primaria.


Prazo: do 1 ao 31 de marzo, ambos inclusive.


Horario de Secretaría: de 12 a 13 horas.


Nos arquivos adxuntos pode consultar o Decreto 30/2007 de 15 de marzo que regula a admisión en Centros sostidos con fondos públicos e a Orde de 17 de marzo que desenrola o anterior Decreto.


Asimesmo pode consultar as instrucións para realizar o proceso de matriculación e descargar os impresos correspondentes.


Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.


Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos

CIENCIA DIVERTIDA 2011

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria tiveron ocasión de disfrutar dun momento moi lúdico no que se fixeron experimentos que trataban os temas do antialcol e do antitabaco. Para ver as fotos preme no seguinte icono:


CONSIGNAS DE ENTROIDO:

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quixose retornar á tradición da elaboración de Comadres e Compadres. Cada un dos ciclos do noso centro elaboraron o seu, como podedes ver no seguinte enlace:


VER FOTOS


Tamén se decidiu traer un complemento cada día da semana, excepto o venres. O xoves traeranse tódolos complementos xuntos:


TRAER TODOS ...


- LUNS: Un sombreiro.


- MARTES: Un mandil.


- MÉRCORES: Un zapato de cada cor.


- XOVES: Un sombreiro, un mandil e un zapato de cada cor.


 Invitamos a todo o alumnado a que participen, así como a toda a Comunidade Educativa: pais/nais, mestres/as e a todos aqueles que o desexen.


VER FOTOS COAS CONSIGNAS

Cambio de dirección da páxina web:

Informamos a toda a Comunidade Educativa que a partir do mércores 23 de febreiro o enderezo web da páxina web do CEIP de Quiroga será o que segue:


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipquiroga


Tamén pedirlles a todos os usuarios/as que nos visiten que ese día abran o menor posible este enderezo e o novo enderezo web, que esperen ata o xoves 24 de febreiro. O formato da paxina web seguirá sendo o mesmo. Esto supón unha mellora das prestacións das mesmas traducida nunha maior velocidade e fiabilidade. A migración farase dende a Consellería de Educación sen que sexa preciso ningunha
intervención por parte do centro. Disculpen as molestias.


 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 

 O pasado venres 28 de xaneiro celebramos no noso centro o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Para conmemorar este dia estivemos vendo diferentes videos por ciclos:
En Educación Infantil o profe Vicente contou unha historia titulada "O castelo de area".
No primeiro ciclo. "Historia dunha gaivota e do gato que lle ensinou a voar"
No segundo ciclo: "Kirikú e a bruxa".
No terceiro ciclo: "Cobardes".
Ademais, decoramos os corredores do centro, os nenos e nenas de 3º a 6º fixeron cómics sobre a paz e fixemos unha actividade colectiva que consistiu en pegar bonecos de diferentes razas nun mural chamado "Este é o mundo que queremos" e cantamos a cancion que leva o mesmo nome por titulo. Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria leron un "Comunicado pola Paz".

PARA VER AS FOTOS DESTE DIA PREME NA SEGUINTE ICONA

PARA ESCOITAR A CANCION PREME AQUI

PARA TRABALLAR O DÍA DA PAZ

RECOMENDACIÓN DE LECTURAS SOBRE A PAZ PARA AS DIFERENTES IDADES

PALABRAS NO AR - EDITORIAL KALANDRAKA:

 

 Os días 11 e 12 de xaneiro desenvolvíase na casa da cultura o programa de dinamización lingüística “Palabras no Ar” patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Nestes obradoiros participaron alumnos do CEIP e do IES de Quiroga os cales desenvolveron estratexias lúdicas e creativas para fomentalo uso do galego como vehículo de comunicación.

Estes talleres de escrita e creativa tiveron como eixo motivador uns contos e adiviñas nos cales se potenciou a imaxinación e a creatividade dos rapaces. Un feixe de refráns do lobo, do monte e da neve que a imaxinación dos máis pequenos transformou neste enredo de adiviñas.

 

Os traballos realizados estes días polos rapaces do colexio e o instituto, podedelos ver na páxina web www.palabrasnoar.org. En vindeiros días os traballos feitos polos alumnos serán retransmitidos pola Radio Municipal de Quiroga.

VER FOTOS - EDITORIAL KALANDRAKA

OS NENOS E NENAS DO CEIP DE QUIROGA NO BLOG DE KALANDRAKA

Precisamente, o traballo que os escolares realizan en PALABRAS NO AR reflíctese na páxina www.palabrasnoar.org, onde diariamente se plasman fotografías dos obradoiros, audios coas voces dos nenos e nenas, xogos e adiviñas, os textos que elaboran a partir das propostas literarias que se lles presentan, debuxos e collages da súa autoría. Cunha escolma do material que se produce nestas actividades vanse elaborar programas de radio que se emitirán, en semanas sucesivas, nas emisoras municipais de Quiroga e de Palas de Rei, e que tamén van estar dispoñibles na web de PALABRAS NO AR para seren compartidos pola comunidade escolar, no contorno familiar e entre os internautas en xeral.

Como din que o prometido é medio debido velaquí este divertido xogo que nos propoñen os nenos e nenas de 3º de primaria do CEIP de Quiroga despois de participar no seu obradoiro de oralidade de PALABRAS NO AR. Un feixe de refráns do lobo, do monte e da neve que a imaxinación dos máis pequenos transformou neste enredo de adiviñas. Podedes escoitar as solucións nas voces dos protagonistas premendo o reproductor de audio que aparece abaixo de cada unha. E ollo! Non fagades trampa. Despois, contádenos que tal vos foi. Moita sorte! Ler máis…

PARA ESCOITAR: ADIVIÑA REFRANS DO MONTE...

O ECO DO COLE - 1º TRIMESTRE

 

 Se queres escoitar o primeiro programa de radio feito polo alumnado do CEIP de Quiroga debes descargalo desde Mediafire no seguinte enlace:

O ECO DO COLE-1º TRIMESTRE- CEIP DE QUIROGA

FESTIVAL DE NADAL 2010

 

 O pasado mércores 22 de decembro, como en anos anteriores, celebramos o Festival de Nadal 2010 no Auditorio Municipal. Un Festival cheo de panxoliñas, obras de teatro, recitacións sobre fútbol fomentando os valores da tolerancia e o respeto; un menú navideño e outras moitas cousas.

Para ver as fotos deste evento preme no seguinte enlace:

FOTOS DO FESTIVAL DE NADAL 2010

VIDEOS: FESTIVAL DE NADAL 2010

EDUCACIÓN INFANTIL: OBRA DE TEATRO "NO PORTAL DE BELÉN"

 1º CICLO EP: PANXOLIÑA "TAN, TAN"
 2º CICLO EP: PANXOLIÑA "DIN, DAN, DON" E "MENÚ NAVIDEÑO"
5º ED PRIMARIA: "DAVID Y EL REAL MADRID Y SIMONA Y EL F C BARCELONA" 
 3º CICLO EP:PANXOLIÑA "NAQUEL DESTELLADO PENDELLO"
 6º ED PRIMARIA: OBRA DE TEATRO "IMOS A BELÉN"
Distribuir contido


by Dr. Radut