Skip to Content

PALABRAS NO AR - EDITORIAL KALANDRAKA:

 

 Os días 11 e 12 de xaneiro desenvolvíase na casa da cultura o programa de dinamización lingüística “Palabras no Ar” patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Nestes obradoiros participaron alumnos do CEIP e do IES de Quiroga os cales desenvolveron estratexias lúdicas e creativas para fomentalo uso do galego como vehículo de comunicación.

Estes talleres de escrita e creativa tiveron como eixo motivador uns contos e adiviñas nos cales se potenciou a imaxinación e a creatividade dos rapaces. Un feixe de refráns do lobo, do monte e da neve que a imaxinación dos máis pequenos transformou neste enredo de adiviñas.

 

Os traballos realizados estes días polos rapaces do colexio e o instituto, podedelos ver na páxina web www.palabrasnoar.org. En vindeiros días os traballos feitos polos alumnos serán retransmitidos pola Radio Municipal de Quiroga.

VER FOTOS - EDITORIAL KALANDRAKA

OS NENOS E NENAS DO CEIP DE QUIROGA NO BLOG DE KALANDRAKA

Precisamente, o traballo que os escolares realizan en PALABRAS NO AR reflíctese na páxina www.palabrasnoar.org, onde diariamente se plasman fotografías dos obradoiros, audios coas voces dos nenos e nenas, xogos e adiviñas, os textos que elaboran a partir das propostas literarias que se lles presentan, debuxos e collages da súa autoría. Cunha escolma do material que se produce nestas actividades vanse elaborar programas de radio que se emitirán, en semanas sucesivas, nas emisoras municipais de Quiroga e de Palas de Rei, e que tamén van estar dispoñibles na web de PALABRAS NO AR para seren compartidos pola comunidade escolar, no contorno familiar e entre os internautas en xeral.

Como din que o prometido é medio debido velaquí este divertido xogo que nos propoñen os nenos e nenas de 3º de primaria do CEIP de Quiroga despois de participar no seu obradoiro de oralidade de PALABRAS NO AR. Un feixe de refráns do lobo, do monte e da neve que a imaxinación dos máis pequenos transformou neste enredo de adiviñas. Podedes escoitar as solucións nas voces dos protagonistas premendo o reproductor de audio que aparece abaixo de cada unha. E ollo! Non fagades trampa. Despois, contádenos que tal vos foi. Moita sorte! Ler máis…

PARA ESCOITAR: ADIVIÑA REFRANS DO MONTE...

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut