Eventos
Os alumnos de quinto e sexto de primaria acompañados dos mestres, María José, Javier e David, e de Guillermo Díaz Aira, de Tourgalia, fixeron onte unha andaina pola Devesa d
O dia 25 de maio conmemorouse o Dia de África e, con este motivo, levamos a cabo un mercado solidario para colaborar coa ONG Miradas al Mundo. Recaudamos 524 euros que entregaremos a dita ONG para axudar aos proxectos que desenvolve na Guinea Bissau.
O mércores, día 29 de maio, os cursos de 5º e 6º de primaria visitaron a cidade da Coruña onde visitaron, o porto, a lonxa e o mercado Eusebio da Garda.
Dentro da celebración da Semana dos Xeoparques, facíase o “Primeiro encontro dos Xeopícaros das Montañas do Courel”, coa participación dos centros educativos da comarca de Quiroga.
O alumnado de primeiro e segundo de primaria acompañados das súas mestras Ana, Pili e Alba, visitou onte o museo etnográfico Casa do Patrón en Lalín. Ademais de coñecer como vivían os nosos antepasados, realizaron un obradoiro de cestería.
Ana Isabel Fernández, da Fundación Oso Pardo, estivo no colexio impartindo charlas a todo o alumnado do centro sobre o oso pardo.
As alumnas e alumnos de terceiro e cuarto de primaria visitaron o día 11 de xuño, o Castro de Viladonga e o Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do río Miño.
As alumnas e os alumnos de quinto e sexto de primaria visitaron onte, día 11 de xuño, as Illas Cíes, que xunto coas Illas de Ons, Cortegada e Sálvora forman o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.