Encontro de Xeopicaros
12 Xun 2019 11:12
Europe/Paris
Dentro da celebración da Semana dos Xeoparques, facíase o “Primeiro encontro dos Xeopícaros das Montañas do Courel”, coa participación dos centros educativos da comarca de Quiroga.
Uns douscentos nenos participaron neste encontro que incluía a visita ao miradoiro de Campodola- Leixazós, onde Xosé Carlos Barros Lorenzo, xeológo e Ramón Vila, director dos museos, ambos os dous membros do Comité Científico do Xeoparque Montañas do Courel, lles deron unha pequena explicación do que estaban vendo dende o miradoiro.
Comentarios
Enviar un comentario novo