Eventos
Os alumnos de 1º e 2º de primaria e as mestras Ana, Sara e Alba visitaron o día 25 de outubro diferentes zonas do Courel. Comezaron visitando a Rogueira Baixa, onde estiveron na Aula da Natureza de Moreda. Desprazáronse despois á Cova de Vellos, onde puideron apreciar as estalactitas e estalagmitas e onde Guillermo Díaz Aira lles explicou como se forma unha cova na rocha caliza.
Os nenos de terceiro e cuarto, acompañados das súas mestras, Belén, Carina e Ángela, visitaron hoxe O Museo de Pepe das Pedras en Vilamartín, onde viron a súa colección de rochas, minerais e outras curiosidades. Despois achegáronse a Montefurado onde o arqueólogo Iván Álvarez Merayo explicoulles o procedemento que tradicionalmente se utilizaba para extraer ouro do río. Tamén visitaron o Túnel de Montefurado.
No mes de novembro o alumnado de infantil e primaria recibimos unha visita dende a clínica dental Dr. J. Pato II moi interesante para mellorar a nosa hixiene dental. Ademais tivemos un pequeno agasallo. Moitas grazas pola colaboración!
O pasado xoves día 8 celebramos o magosto, aínda que debido ao mal tempo tivo que ser dentro, pero disfrutamos moito igual. Así de ben o pasamos!!!
Os alumnos de primeiro e segundo visitaron as instalacións da almazara "Ouro de Quiroga" onde puideron observar o proceso de elaboración do aceite.
Hoxe o alumnado de quinto e sexto de primaria visitaron o museo xeolóxico e miradoiros do territorio do Xeoparque. Estiveron acompañados dos seus mestres, María José e Javier, así como do director dos museos de Quiroga, Ramon Vila, que, unha vez máis, transmitiu aos alumnos informacións moi interesantes sobre o noso territorio. O noso agradecemento pola súa desinteresada colaboración co noso colexio en tantas ocasións!
Os nenos de quinto e sexto de primaria tiveron unha actividade moi divertida. Da man de Salvador, do club de orientación Pena Trevinca do Barco, aprenderon en que consiste o deporte de orientación e fixeron actividades prácticas sobre esta interesante modalidade deportiva descoñecida para a maioría deles. Aínda que o tempo non axudou viviron unha xornada moi divertida!
O pasado 22 de novembro tivo lugar un obradoiro no CEIP de Quiroga, donde acolléndonos a campaña institucional da Xunta de Galicia os nenos e nenas tinguiron un lazo dibuxado no chan, da cor da solidariedade coas vítimas da violencia machista.
Dentro da área de Ciencias Sociais os alumnos de primeiro están a experimentar cunha nova ferramenta educativa: os escornabots. Deste xeito, dentro da unidade dúas: coñecemos a localidade, procuramos desenvolver os seguintes obxectivos:
-
Coñecer e identificar os medios de transporte.
-
Identificar as principais sinais de tráfico e o seu significado.