Skip to Content

EXCURSIÓN DE 1º E 2º AO COUREL

29 Out 2018 15:20
Europe/Paris

Os alumnos de 1º e 2º de primaria e as mestras Ana, Sara e Alba visitaron o día 25 de outubro  diferentes zonas do Courel. Comezaron visitando a Rogueira Baixa, onde estiveron na Aula da Natureza de Moreda. Desprazáronse despois á Cova de Vellos, onde puideron apreciar as estalactitas e estalagmitas e onde Guillermo Díaz Aira lles explicou como se forma unha cova na rocha caliza. Por último, visitaron o Val das Mouras e Guillermo explicoulles o que é unha paisaxe kárstika. Pasárono moi ben e aprenderon moito!!

 

Iniciar sesión

Comentarios

Enviar un comentario novo



story | by Dr. Radut