Eventos
O día 16 de outubro, os alumnos de quinto e sexto de primaria, xunto coas mestras Ana, María José e Laura, participaron na III andaina polo camino de Inverno. Foi unha dura etapa entre os lugares de Santo Paio de Diamondi e San Pedro de Lincora en Chantada.
Este venres pasado, día 19 de outubro, os alumnos de quinto e sexto tiveron a oportunidade de participar na rodaxe dunha película de exaltación do noso concello, que se desenvolveu no museo etnográfico de Quiroga. A actividade foi levada a cabo por Ana e Paulino da productora Némesis e foi financiada polo GDR Ribeira Sacra. Na película participou tamén o director do museo Ramón Vila.
Os nenos de educación infantil aprenden dun xeito moi gráfico como se formaron as montañas de Courel. Sesión moi divertida coas súas profes Rocío, Uxía, Iria e Lupe.
Os alumnos de 1º e 2º de primaria e as mestras Ana, Sara e Alba visitaron o día 25 de outubro diferentes zonas do Courel. Comezaron visitando a Rogueira Baixa, onde estiveron na Aula da Natureza de Moreda. Desprazáronse despois á Cova de Vellos, onde puideron apreciar as estalactitas e estalagmitas e onde Guillermo Díaz Aira lles explicou como se forma unha cova na rocha caliza.
Os nenos de terceiro e cuarto, acompañados das súas mestras, Belén, Carina e Ángela, visitaron hoxe O Museo de Pepe das Pedras en Vilamartín, onde viron a súa colección de rochas, minerais e outras curiosidades. Despois achegáronse a Montefurado onde o arqueólogo Iván Álvarez Merayo explicoulles o procedemento que tradicionalmente se utilizaba para extraer ouro do río. Tamén visitaron o Túnel de Montefurado.