Eventos
Os alumnos e alumnas de de cuarto, quinto e sexto de primaria participaron hoxe nunha actividade de educación patrimonial, dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación. Os actos comezaron cunha charla no colexio impartida polos arquitectos que levaron a cabo os traballos de restauración da igrexa de Hospital. Logo o alumnado, mestres e arquitectos dirixíronse andando ata a igrexa, onde foron recibidos polo párroco, D. Jesús, e donde recibiron in situ as explicacións dos arquitectos sobre os traballos que se tiñan realizado na igrexa.
O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria realizou, o 14 de xuño, unha visita didáctica á cidade de Santiago de Compostela. Aproveitaron para coñecer o Museo das Peregrinacións onde lles explicaron a historia da cidade que xira entorno ao descubrimento da tumba do Apostolo. Despois tiveron oportunidade de participar na misa do peregrino onde quedaron entusiasmados co funcionamento do botafumeiro e a experiencia de poder abrazar ao Apostolo.
Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de primaria visitaron onte o Pazo de Tor en Monforte. Foi unha visita didáctica e guiada na que o alumnado aprendeu moito da forma de vida dos nosos antepasados!!
O pasado mércores 20 de xuño os alumnos/as de quinto e sexto de Primaria visitamos Santiago de Compostela. Primeiro fixemos unha visita á Catedral, despois acudimos ao museo de Historía Natural e rematamos no museo das Peregrinacións.
(Corrección de erros: aparece un libro de lecturas en 2º de EP que non hai que mercar, tampouco o caderno de ortografía nº 10 de 5º de EP)