REMATAMOS O PDI COA VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria realizou, o 14 de xuño, unha visita didáctica á cidade de Santiago de Compostela. Aproveitaron para coñecer o Museo das Peregrinacións onde lles explicaron a historia da cidade que xira entorno ao descubrimento da tumba do Apostolo. Despois tiveron oportunidade de participar na misa do peregrino onde quedaron entusiasmados co funcionamento do botafumeiro e a experiencia de poder abrazar ao Apostolo.
Pola tarde, tiveron oportunidade de percorrer o casco histórico da cidade a bordo do tren turístico e coñecer a fachadas da Pratería, a do Obradoiro e Acibechería e pasear polas beiras da Catedral.
Máis fotos aquí
Comentarios
Enviar un comentario novo