Eventos
Hoxe o colexio acolleu o programa Almorzos Saudábeis, enmarcado dentro do programa “Aliméntate ben” do Plan Proxecta, dirixido aos escolares de 5º e 6º de educación primaria e co que se busca fixar hábitos saudábeis na alimentación dos máis pequenos e mellorar a saúde bucodental do alumnado.
Os maiores do colexio, alumnas e alumnos de sexto curso de primaria, visitaron o IES de Quiroga acompañados de Belén, a orientadora de ambos centros, quen lles falou das características da ESO e os acompañou nunha visita polas aulas e outros espazos do instituto. O obxectivo desta visita é facilitar o tránsito de primaria a secundaria.
O CEIP de Quiroga colaborou unha vez máis coa Biblioteca municipal no concurso de relato e debuxo con motivo do Día das Letras Galegas. Os alumnos e alumnas que obtiveron premios foron: Noelia Aira Soto, Alejandro Beteta González, Miguel Sánchez Franco, Eis Durán Iglesias, Celia López Quintela, Natalia Álvarez Díaz, Estela Ferreiro Rodríguez, Irene Rodríguez Vázquez e Susana Sánchez Suárez. Parabéns a todos eles! Os seus traballos participarán agora na fase provincial. Moita sorte !!!
No colexio conmemoramos o xoves, día 16 de maio, o Día das Letras Galegas. Os actos conmemorativos tiveron lugar no patio cuberto e consistiron en: lectura da biografía de María Victoria Moreno Márquez por parte dos alumnos de sexto; os mesmos alumnos/as rapearon a vida da autora, despois todos os cursos, dende infantil a sexto, recitaron o poema “ Can negro, can branco” do libro de poemas “Eu conto, ti cantas...”. Como remate os 150 alumnos e alumnas do centro, xunto cos 16 mestres/as cantamos o Himno galego.
Hoxe, día 21 de maio, os alumnos e alumnas de quinto e sexto visitaron Castro Caldelas, o monasterio de Santa María de Xunqueira de Espadañedo e o monasterio De San Pedro de Rocas en Esgos. Esta excursión forma parte do programa “Move ficha pola Ribeira Sacra” organizado polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, que xa comenzara no primeiro trimestre cunha serie de actividades realizadas no colexio.
Hoxe conmemoramos o Día de África cun gran mercadillo solidario para recaudar fondos para a ONG Miradas al Mundo, coa que vimos colaborando nos últimos cursos. O recaudado foi 528 euros. Grazas ao alumnado e as súas familias pola súa solidariedade. Sen dúbida foi un día especial para todos!
Os alumnos e alumnas de de cuarto, quinto e sexto de primaria participaron hoxe nunha actividade de educación patrimonial, dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación. Os actos comezaron cunha charla no colexio impartida polos arquitectos que levaron a cabo os traballos de restauración da igrexa de Hospital. Logo o alumnado, mestres e arquitectos dirixíronse andando ata a igrexa, onde foron recibidos polo párroco, D. Jesús, e donde recibiron in situ as explicacións dos arquitectos sobre os traballos que se tiñan realizado na igrexa.
O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria realizou, o 14 de xuño, unha visita didáctica á cidade de Santiago de Compostela. Aproveitaron para coñecer o Museo das Peregrinacións onde lles explicaron a historia da cidade que xira entorno ao descubrimento da tumba do Apostolo. Despois tiveron oportunidade de participar na misa do peregrino onde quedaron entusiasmados co funcionamento do botafumeiro e a experiencia de poder abrazar ao Apostolo.