Educación Primaria
EXCURSIÓN DE SEGUNDO CICLO AO GROVE !!!
OS ALUMN@S DE SEGUNDO CICLO VAN DE EXCURSIÓN AO GROVE !!!
ECLIPSE SOLAR 20 DE MARZO DE 2015
O 20 DE MARZO DE 2015, POIDO APRECIARSE UN ECLIPSE SOLAR TOTAL CUNHA MAGNITUDE DE 1.045. O FENÓMENO OBSERVOUSE MELLOR DENDE ALTAS LATITUDES DO HEMISFERIO NORTE, DE AHÍ QUE GRAN PARTE DE EUROPA E DE ASIA O VISEN DE FORMA PARCIAL, E SÓ SE CONTEMPLASE DE FORMA TOTAL NAS ILLAS FEROE E SVALBARD, SITUADAS ENTRE NORUEGA E ISLANDIA.
EN ESTADOS UNIDOS E AMÉRICA NON O APRECIARON. A DURACIÓN DA TOTALIDADE FOI DE DOUS MINUTOS E CORENTA E SETE SEGUNDOS FRENTE ÁS ILLAS FEROE.
COMENZA O CURSO CON FRUTIXOGOS !!!
COMENZAMOS O CURSO CON ENLACES INTERESANTES SOBRE A NOSA ALIMENTACIÓN !!!PREME NO SEGUINTE ENLACE :
http://www.alimentacion.es/es/plan_de_consumo_de_frutas_en_las_escuelas/fruti_juego/fruti_juego.aspx
FOTOS SAMAÍN-HALLOWEEN 2013-2014 !!!
Enviado por conchi o Dom, 29/09/2013 - 19:00
s
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipprincesaespanha/galeria/index.php ">http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipprincesaespanha/galeria/index.php (ENLACE ÁS FOTOS).
XA VEÑEN OS MAIOS ...!!!
Enviado por mar o Lun, 28/04/2014 - 06:02Xa veñen os maios queremos contar
as cousas que este ano
están a pasar.
Os maios, os maios,
a piques de chegar
son divertidos
e dan que falar.
Os de 5º e 6º
queremos viaxar
visitar Madrid
e na Warner disfrutar.
Tamén ir ao zoo
os museos visitar
durante os tres días
e pola noite descansar.
Este curso o Princesa
xa foi pintado,
levaba 30 anos
Sen ser retocado.
As paredes do cole
os profes están a pintar
menudos Picassos
Cando rematarán?
Levan dous anos
pintando no paredón
Ai de nós! Se tardamos tanto
en aprender a lección.
A porta do patio
non queren abrir
déixannos mollar
e fannos sufrir.
No castelo de Monterrei
queren facer un hotel,
xa temos un parador
e nadie o quere coller.
Non queremos hotel
no castelo
é un monumento
e defendémolo
neste momento.
No concello de Verín
loitamos polo castelo
e non queremos
que nel fagan un hotel.
No castelo queren
facer un hotel
para que o alcalde
coma o pastel.
Un hotel non queren
no noso castelo
por iso que esperen
a que as rás críen pelo.
O entroido este ano
estivo mollado
disfrazámonos de esquimós
e levamos
un peixe dourado.
O desfile dos colexios
tivo cor e alegría
os alumnos e alumnas
cantamos todo o día.
Con tanta auga
aparecen o charcos
e con tantos charcos
a beleza dos maios.
Na bonita primavera
medran moitas frores
gústame a natureza
con tantas cores.
Cada vez máis
nos está a afectar,
o cambio climático
pois témolo que solucionar
ou será dramático.
En España non hai traballo
pois acaban de estudar
por iso creo que hai un fallo
nos que están a gobernar.
En España o presidente
di que non hai probeza
parece que ten deterxente
nesa pobre cabeza.
En que cabeza cabe
o do avión que se perdeu
pois ninguén sabe
onde desapareceu.
As escolas deportivas de Verín
fan que a miúdo
sexas feliz alí podemos xogar
e na casa non molestar.
No colexio estamos
porque non podemos xogar
oblígannos a estudar
e sempre nos queren castigar.
Os nenos e nenas
gústanos xogar e cantar
mentras as mestras
lles gusta mandarnos estudar.
No colexio os profes
deberes nos poñen
no colexio os profes
partes nos poñen.
A profe Carmen
xoga ao brilé
e faino tan ben
que vai torcer un pé.
A profe Montse
moitos deberes pon
e se non os fas
bótache un sermón.
De Ourense vén
a profe Cristal
un tacón non ten
e acabou no hospital.
Esta mañá cediño
Cantaba unha codorniz
e no seu canto dicía
que o pases moi feliz.
A Verín vide
ver acudide coma raios
pois vamos poñer
na nosa praza os maios.
FESTIVAL FIN DE CURSO 2012 ,CABAZA VIRTUAL 2013 E ENLACES DE INTERESE PARA O SAMAÍN E O MAGOSTO.
Enviado por conchi o Lun, 28/10/2013 - 20:00
PREME NO ENLACE E VERÁS O FESTIVAL
DE FIN DE CURSO 2012-2013 !!!
FIXEMOS UNHA CABAZA VIRTUAL !!!!
PREME AQUÍ PARA VER A ACTUACIÓN DE 5º DE FIN DE CURSO.
http://ticsbn.blogspot.com.es/search/label/SAMA%C3%8DN(RECURSOS PARA O SAMAÍN).
http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/magosto_e.htm (RECURSOS PARA O MAGOSTO).