Iniciar sesión: Acceso

O Samaín

SAMAÍN

 O DÍA DE SAMAÍN

        Na semana do 31 de outubro celebramos a festa do Samaín. Hai moitísimos anos, os celtas que estaban en Galicia e en Irlanda celebraban esta festa. Era o día no que se supuña que os mortos viñan á terra para convivir cos vivos.

       Algúns pensan que se acendían fogueiras para que os mortos viran a luz e souberan o camiño á aldea, mentres que outros cren que con elas pretendían asustalos para que fuxiran.

       Tamén preparaban lanternas coas cabazas baleiras coma se foran faroles.

       En Galicia e Irlanda continuouse a tradición en moitos pobos e dende hai algúns anos estase a recuperar onde xa se esquecera.

       Os irlandeses que emigraron a América levaron alí esta festa, pero chamáronlle Halloween.

       Neste día é típico disfrazarse de bruxas, pantasmas, mortos vivintes, etc., todo aquilo que dea medo.

      No colexio realizamos varias actividades como decorar a biblioteca, exposición de cabazas, etc.

 

 SE QUERES VER MÁIS FOTOS, VAI Á GALERÍA

Distribuir contido

Back to top