Skip to Content

BAUTIZAMOS AS AULAS

 Comezamos esta actividade investigando cada curso sobre unha parroquia. Elaboramos un cartel mesturando imxes e debuxos acompañándoos dos datos máis significativos. Resulta interesante o dato curioso elixido de cada parroquia.
Remata a actividade asignando a cada aula a parroquia investigada. Intercambiamos as investigacións.

DÍA DA FAMILIA

O Día Internacional das Familias celébrase o 15 de maio de cada ano desde 1994. Esta data foi proclamada en 1993 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (A/RES/47/237) facéndose eco da importancia que a comunidade internacional lles outorga ás familias. 

 

RUTA POLA ILLA DE SAN SIMÓN/ MUSEO DE MEIRANDE

 2 de Maio: Todo o alumnado de Infantil e Primaria embarcámos na aventura da Illa de San Simón. Desfrutamos dun paseo pola historia do noso Patrimonio, participamos dunha bûsqueda de tesouro na illa de San Antón e dun gran paseo en barco. Tamén visitamos o Museo de Meirande.

FORMANDO CIBEREXPERTOS

 O alumnado de 6º de Primaria fórmase durante varias xornadas coma ciberexpertos. Reflexionan sobre o uso de diferentes dispositivos que poden chegar a crear dependencia. A actividade remanta cunha xuntanza e entrega de diploma.

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

 APROVEITANDO A PLANIFICACIÓN DESTA SAÍDA A ILLA DE SAN SIMÓN  POR PARTE DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, NA QUE IAMOS REALIZAR UNHA RUTA E UNHA BUSCA DO TESOURO FOMENTAMOS A MOBILIDADE ACTIVA CON +EF.

 

MAIOS 2023

 UN CURSO MÁIS CELEBRAMOS OS MAIOS.
PARA LER AS COPLAS PREME AQUI

DÍA MUNDIAL SEN ASCENSORES

Firma.jpgl
                    Celébrase co fin de chamar a atención das persoas cara a unha forma fácil e accesible de estar físicamene activos. En España promóveo o DES  
 
Foi iniciado pola Asociación Internacional de Deporte e Cultura (ISCA), como parte da campaña #NowWeMove (Muévete ahora), que naceu en 2012 baixo o amparo da Comisión Europea. 
 
 Neste cartel quedan recollidas as propostas feitas polo alumnado de Primaria para a nosa Comunidade Educativa .
Para coñecer máis sobre esta actividade preme neste enlace do blogue deportivo
 O alumnado de 6º elaborou uns vídeos promovendo a actividade física usando as escaleiras

 

Distribuir contido


by Dr. Radut