Do día 19 ao 21 de xuño celebramos a semana LGTBIQA+ facendo un Flash Mob onde participamos tod@s, ademáis creamos a
nosa propia xeadería LTBIQA+
"A diversidade LGTBIQA+ é como unha gran xeadería con moitos sabores diferentes de xeado. Cada persoa, coa súa identidade e maneira de amar única, é como un sabor especial. Algúns son como a vainilla ou o chocolate, que todos coñecen, e outros son como o xeado de chicle ou de arco da vella, que son sorprendentes e únicos. Cada sabor achega algo delicioso e diferente, e xuntos fan que a xeadería sexa un lugar incrible e cheo de cores. Igual que podemos mesturar sabores para crear algo novo e delicioso, a diversidade LGTBIQA+ ensínanos que cando aceptamos e celebramos as diferenzas, o noso mundo vólvese máis bonito e divertido."