Skip to Content

O ALUMNADO ESCRIBE...

 "O alumnado de Porto Cabeiro escribe sobre as súas parroquias"   
 

FESTA DE INVERNO

 Rematamos o trimestre celebrándoo cunha festa e unha chocolatada solidaria.

SAÍDA AO CINE

 Todo o alumnado asistiu a unha xornada de cine

 

BACK TO SCHOOL

 Participación do alumnado de 5° e 6° no Proxecto Back to School. Consiste en ofrecer unha visión global da Unión Europea, as súas funcións e institucións. Foi impartido por unha funcionaria do Tribunal de Contas. Dámoslle as grazas a María Domínguez por ensinarnos diversos aspectos relacionados coa UE. Na charla o alumnado participou tanto facendo preguntas coma contestando diferentes preguntas. 

 

SELO NACIONAL eTwining 2023



De novo un proxecto eTwining foi recoñecido co selo nacional.
Neste caso foi o proxecto "Mariola, Rayuela, Tejo....  distintos nomes para o mesmo xogo"feito cos alumnos e mestres do colexio Atatürk İlkokulu Karesi  Turkey
Este proxecto foi feito cos alumnos de 5º durante o curso 2022/2023

 

BONO DEPORTIVO PARA O ALUMNADO (6 a 16 anos)

SOLICITUDE

Cada persoa beneficiaria deberá darse de alta na web www.bonodeporte.gal e indicar a información pedida. Entre esta información figura , a non ser que o alumno/a este federado, o “Identificador Xogade” (Será enviado a través da Aula Virtual do alumno/a na materia de EF).

Opcionalmente, os bonos poderanse solicitar presencialmente na Secretaría  Xeral para o Deporte e nos servizos do Deporte das Xefaturas territoriais da Vicepresidencia Primeira e Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes.

DESCARGA DO BONO
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal para a súa descarga polas persoas usuarias dende o 8 de xaneiro de 2024 ata o 29 de febreiro dese ano. Nembargantes, se antes do 29 de febreiro do 2024 se esgota o crédito máximo fixado nesta orde, nese momento remataría o prazo de descarga. 
 VALIDEZ  Dende a data de descarga do bono  ata o 1 de xullo de 2024, salvo esgotamento previo do seu saldo.
 COMPRA

As persoas beneficiarias deben amosar o seu bono en formato código QR  dispoñible nunha APP que permita realizar pagos (Wallet ou similar).                                                                                                                        O importe final da compra realizada pagarase en efectivo ou con tarxeta.

 DEVOLUCIÓN DO ARTIGO

 No caso de devolución do artigo comprado, o importe da compra poderá ser cambiado por outra compra de prezo igual ou superior ou por un bono con caducidade de tres meses polo importe correspondente. O establecemento adherido no poderá abonar á persoa consumidora, en ningún caso, cartos en efectivo ou na tarxeta de crédito.

Non será aplicable o cambio dos bonos para as compras en liña. 

 Máis información

 Na web:  www.bonodeporte.gal

 DOG 233 do 11/12/2023 – Orden do 5 Decembro do 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut