Colaborando con esta acción “BAIXO O MESMO PARAUGAS. GALICIA POLA DIVERSIDADE”, nacida no ano 2016, (proposta por ASPACE da Coruña e apoiada por outras 24 asociacións) pretendemos dar visibilidade a unha realidade que nos rodea: A DIVERSIDADE.
Parécenos importante reivindicar unha sociedade máis xusta, inclusiva e diversa.
E é que todos e todas somos diversos, comportámonos de forma diferente e temos necesidades diferentes. Así que todos e todas deberíamos ter as MESMAS OPORTUNIDADES E DEREITOS.
GRAZAS FAMILIAS !!!
DENDE A BIBLIOTECA TRABALLANDO EN EDUCACIÓN FÍSICA
O día 19 de Novembro o noso colexio, representados por Raúl e Tere, participou na Reunión Telemática do Coinsello Local da Infancia e a Adolescencia. Todos os colexios e institutos fixeron propostas de mellora sobre os parques e accesibilidade á contorna. Ao remate a alcaldesa respostou sobre o que se está a facer e cales serán as liñas de traballo.Preme na imaxe para coñecer o contido deste Consello Local
A Consellería de Educacion ven de publicar os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria Para máis información xúntase aOrde do 6 de novembro de 2020 Preme aqui Achéganse os Anexos I e II para cumplimentar as familias que o precisen. Do 16 ata o 27 de Novembro Preme na frecha para descargar os anexos
HOXE É O DIA MUNDIAL DA DIABETESDende o noso cole sumámonos á visibilización desta enfermidade tan coñecida e, ao mesmo tempo, descoñecida para nos...O alumnado, profesorado e familias estiveron moi implicados na accion solidaria de recollida de tapóns, neste caso azuis, pois é a cor do simbolo dadiabetes, e con eles realizaron círculos, que é o simbolo da saude e da vida.Unha vez mais agradecemos a implicacion das familias.QUE A DIABETES NEN NINGUNHA ENFERMIDADE NOS PARE!!