Skip to Content

PROTOCOLO COVID, XANEIRO 2022

 NOVAS INSTRUCIÓNS

 

NADAL 2021

 

COA CREACIÓN DE DIFERENTES MANUALIDADES CELEBRAMOS O NADAL
 
DENDE A MATERIA DE MÚSICA O ALUMNADO DE 3º E 6º, DEIXANNOS AQUÍ UNHA PANXOLIÑA CREADA POR ELES

RETO MES DE DECEMBRO, VOZ NATURA

No mes de decembro continuamos cos ECO-RETOS 25 de @voznatura . Nesta ocasión era a quenda do #retoreutilizamos , polo que decidimos darlle nova vida a obxectos e materiais que atopamos polo noso cole, e outros que nos proporcionaron tanto o alumnado como outros membros da comunidade educativa. En primeiro lugar, reutilizamos os restos de podas que se realizaron no noso centro para realizar os adornos de Nadal e, así, evitamos usar elementos de plástico. Por outra banda, comezamos a facer provisión de materiais que empregamos e empregaremos para fabricar as ferramentas, bancáis, regadeiras... do noso horto.

 

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS, 2021

O día 25 de novembro os alumnos de 3º e 4º , participamos  nunha xornada de Croos.  Competimos por equipos un total de 774 corredores pertencentes a 12 colexios dos Concellos de Mos, O Porriño e Redondela: 
 Colegio Vigo, CEIP da Cruz Budiño, CEIP Alexandre Bóveda , CEIP Plurilingüe de Quintela ,CEIP de Laredo, CPR Hermanos Quiroga, CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro, CEIP de Petelos, CEIP da Cruz Budiño, Colexio Santo Tomás, IES de Chapela, CPR Plurilingüe Possums.
Se queres coñecer a clasificación. Preme aqui
 
 
 

 

 

 

25N, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

 RECURSOS E OBRADOIROS

TALLER DE MOCHILAS LILAS

 

  24 DE NOVEMBRO: ACTIVIDADE O XARDÍN DAS LEMBRANZAS
 
25 DE NOVEMBRO: LECTURA DO MANIFESTO

MATEMAXIA CO MAGO PACO

 O Concello de Redondela , organizou para os alumnos de 5º e 6º, unha actividade con Mago Paco.
Operacións matemáticas que semellaban maxia

DÍA MUNDIAL DA DIABETES,

Elisa contounos como era o día a día de Sweet e de Alejandra (a súa filla), como a acompañaba a todas partes (excepto á escola ou a adestrar natación) e como Sweet avisaba cando había unha subida ou baixada de glicosa. Tamén nos falou dos diferentes materiais que necesita unha persoa  con diabetes para saber o seu nivel de glicosa. 
 Moitas grazas a ANEDIA (asociación de nenos e nenas e xente nova con diabetes) pola súa colaboración
Coñece a Fundación Canem
Libros, curtametraxes e outros recursos para coñecer máis sobre a diabetes
 
 

ÉRGUETE: CHARLAS PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA

 Na primeira quincena do mes de novembro o alumnado de 5º e 6º asistiron a varias charlas impartidas pola asociación de Erguete, sobre o uso de internet,  os perigos dos videoxogos e drogas.

  Preme aquí para ver como traballaron

 

Distribuir contido


by Dr. Radut