Skip to Content

Actividades

THANKSGIVING DAY

Este mércores celebramos no Cole o THANKSGIVING DAY, o DIA DE ACCIÓN DE GRACIAS. Comemos todos xuntos e, como é tradicional, comemos o pavo.

Todos os nenos e nenas deron as gracias polas súas intencións e colocáronas, en forma de notas musicais, no comedor en pentagramas, xa que o PDI deste curso xira entorno á música.

Pinchando na imaxe podedes ver todas as fotos da actividade:

... E O MAGOSTO

Coa chegada do outono tamén chegou o momento da celebración de actividades típicas nesta época. E como non podía ser doutro xeito outro curso máis celebramos o noso MAGOSTO. Así, este venres pola tarde no polideporivo disfrutamos, coñecemos e xogamos con novos XOGOS TRADICIONAIS, despois estivemos asando as castañas e finalmente merendamos castañas e un batido todos xuntos, familias, profesorado e alumnado. 

Pinchando na foto podes acceder ao album con máis fotos sobre o magosto e as actividades:

CHEGOU O OUTONO AO COLE

O alumnado de educación infantil fixo chegar o outono ao noso cole a través deste mural que prepararon entre todos e todas.

SAMAIN - HALLOWEEN

Onte e hoxe celebramos no cole o Samaín e o Halloween. As nenas e nenos trouxeron moitas cabazas moi ben preparadas, e hoxe unha nena de 6º leunos a historia de por que se celebra o Samaín e o Halloween. As nenas e nenos de 1º e 2º nos fixeron un baile e para rematar os nenos e nenas de 6º disfrazados fixeron polas clases o famoso "trick or treat".

Pinchando na foto podedes acceder para ver todas as fotos destas actividades:

ENGLISH WEEK

Desde o pasado domingo dez nenos e nenas de 6º están nos Peares participando no Programa de Inmersión Lingüística en inglés, ENGLISH WEEK. Esperamos que teña unha moi boa experiencia, co pasen moi ben e que aprendan moito e agardamos a que volvan e nos conten a súa experiencia.

PASAPORTES LECTORES

Tamén estes días están poñéndose en marcha xa os PASAPORTES LECTORES e os LECTÓMETROS. Iremos mantendovos informados.

MERCADO DE OUTONO

Na Pontenova estivemos celebrando as nosas Feiras e no Cole tamén tivemos o noso mercado, no que os nenos e nenas poideron "comprar" distintos produtos do outono.

FIN DE CURSO EN SALDOIRA

Un curso máis rematamos o último día de clase na área recreativa de Saldoira. Este curso tivemos unha novidade. O alumnado de 5º e 6º fixo a ruta verde do Ferrocarril desde San Tirso ata Saldoira e o resto dos cursos foron andando como os outros anos, desde o Colexio. Tivemos xogos, diversión e comemos todos xuntos.

MOITAS GRAZAS A TODOS E BO VERÁN!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut