Skip to Content

Actividades

TEATRO EN LUGO

Este mércores comezamos o segundo trimestre cunha viaxe a Lugo o alumnado de 3º a 6º de primaria para asistir á representación da obra de teatro "TARZAN" en inglés.

Esta vez temos poucas fotos porque averióusenos a cámara e saíron todas movidas.

BO NADAL E VENTUREIRO ANO 2019

Aquí tedes algunhas fotos do noso FESTIVAL DE NADAL e da VISITA DE PAPA NOEL. Tivemos obras de teatro, panxoliñas, poemas, regalos... Gracias a todos pola vosa colaboración e ás familias por acompañarnos.

 

40 ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN

Hoxe celebramos o 40 aniversario da nosa Constitución. Tamén celebramos o Estatuto de Autonomía de Galicia. Para elo xuntámonos todos na Biblionova e o alumnado de 6º de primaria explicounos que estabamos a celebrar e compuñeron uns powerpoints para que poideramos entendelo mellor.

TRABALLAMOS NO INVERNADOIRO

A pasada semana tivemo varios día indo traballar no invernadoiro. Labramos produtos de inverno e fixemos unha recollida que levamos para a casa.

MES DA CIENCIA NA BIBLIONOVA

Durante este mes celebramos na BIBLIONOVA o MES DA CIENCIA. Tivemos moitos cousas para ver e para descubrir na biblioteca e rematamos este mes da ciencia coa semana dos experimentos. O luns tocoulle a 1º e 2º cos experimentos de O leite máxico e A auga que camiña. O martes tócalle o turno a 5º cos experimentos A pataca eléctrica, Explotar un ovo a distancia e A laranxa lanza lapas. O mércores o turno é para 6º co Ovo que salta e A auga que sube.

ATREVETE

Este venres 23 o alumnado de 5º e 6º desprazouse a Lugo, para visitar o CFIFP Politécnico de Lugo dentro do programa ATREVETE. Viron as diferentes especialidades que se poden cursar alí ademais de recibir unha boa información sobre elas.

THANKSGIVING DAY

Este mércores celebramos toda a comunidade educativa o THANKSGIVING (o Día de Acción de Gracias) con Audrey, a nosa auxiliar de conversa este curso.

Todos os cursos demos as grancias por algo e rematamos comendo o típico pavo.

CHARLA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA

Este mércores 21 o alumnado de 5º e 6º recibiron unha charla programada dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA, no que se tratan temas tan importantes como os perigos da internet, o caso, as adiccións, etc.

TALLER DE XADREZ

Durante esta semana Oscar Ramallal, o noso compañeiro en prácticas, levou a cabo un taller de xadrez cos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.

MAGOSTO 2018

O pasado venres 16 celebramos no Cole o noso MAGOSTO. Como todos os anos tivemos xogos tradicionais, carreira de sacos, andar en zancos, a corda, encestar castañas, etc. Asamos castañas e despois comémolas cun batido.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut