Skip to Content

Actividades

ACTUACION PETER PUNK

Este xoves 20 tivemos a actuación do paiaso PETER PUNK organizada pola ANPA. Pasámolo moi divertido. Gracias á ANPA polo seu traballo e colaboración co cole.

SEMANA DA CIENCIA

Ao longo do mes de novembro... foi o mes da ciencia!

Dende a Biblionova fixemos unha serie de propostas cos distintos cursos vinculadas coas enerxías renovables, que consistiron en:

- Educación Infantil, construímos pequenos barquiños reflexionando sobre como poderiamos facer para movelos sen contaminar. Descubrimos que se poden mover con xabón!.

- En 1º e 2º de Primaria construímos maquetas de coches propulsadas por aire. Foi divertidísimo.

VISIATA DA APALPADORA

Gracias á ANPA e á Deputación de Lugo onte visitou o noso cole a APALPADORA. Divertímonos moito durante un rato: cantamos, bailamos, etc.

OBRADOIRO EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL NA INFANCIA

Durante a mañá do luns o alumnado de 6º de infantil e o de 5º e 6º de primaria recibiron un obradoiro de educación afectivo sexual na infancia impartido por dúas matronas Sonia e Susana. Esta actividade, organizada pola ANPA forma parte dun programa de Educación e Saúde na Escola, organizado polo Colexio de Enfermaría de Lugo. MOITAS GRAZAS A TOD@S!!

Aquí tedes algunhas FOTOS:

CHARLA PLAN DIRECTOR

O pasado mércores o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu dúas charlas sobre o Bullying e o Cyberacoso dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E OS SEUS ENTORNOS.

VISITA DO ALCALDE

Bo día. O pasado xoves recibimos a visita do alcalde de A Pontenova. Xuntouse cos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria. Preguntáronlle e pedíronlle moitas cousas para o cole.

VISITA A SOTAVENTO

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitaron o parque tecnolóxico de Sotavento.

Aquí tedes un pequeno resumo do seu día de excursión

FESTA DA AUGA

O PDI deste curso foi "A AUGA É VIDA" e por suposto, non se podería despedir o curso sen unha FESTA DA AUGA. Aquí a tedes:

VISITA DE PABLO CANALÍS

Gracias á ANPA, o pasado 16 de xuño PABLO CANALÍS visitou a todo o alumnado do noso cole para ofrecerlles un percorrido polos instrumentos musicais dos 5 continentes, empregando máis de 30 obxetos sonoros pouco coñecidos no noso pais e entorno cultural.

Distribuir contido


by Dr. Radut