Skip to Content

SEMANA DA CIENCIA

Ao longo do mes de novembro... foi o mes da ciencia!

Dende a Biblionova fixemos unha serie de propostas cos distintos cursos vinculadas coas enerxías renovables, que consistiron en:

- Educación Infantil, construímos pequenos barquiños reflexionando sobre como poderiamos facer para movelos sen contaminar. Descubrimos que se poden mover con xabón!.

- En 1º e 2º de Primaria construímos maquetas de coches propulsadas por aire. Foi divertidísimo.

No resto dos cursos construímos pequenos muiños de vento... e ademais experimentamos con varios muiños de auga, como o da foto, o cal construiu a familia dunha das profes do cole (Lola) e servía para facer ruido e espantar aos cabalos!

Foi xenial!

 



page | by Dr. Radut