Skip to Content

DESPEDIDA DE AUDREY

Este mércores 29 foi o último día de Audrey no cole. Por iso comemos todos xuntos e despedímonos dela. Gracias por todo Audrey. Thank you very much!

VISITA DO MAGO RAFA

Este xoves 23 de maio visitounos, subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo, o Mago Rafa. Disfrutamos dos seus trucos e os nenos e nenas pasárono estupendamente.

ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS - LETRAS GALEGAS 2019

O xoves 16 de maio conmemoramos o DIA DAS LETRAS GALEGAS, que este ano se adica a ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Pola maña fumos todos e todas á Casa de Cultura onde escoitamos un Concerto da Escola Municipal de Música. Concerto no que tamén estaba o alumnado do IES.

Xa pola tarde o alumnado de 6º de primaria nos presentou cun powerpoint ao autor homenaxeado, contándonos algo da súa vida, obra, etc.

VISITANOS UN CONTACONTOS

Este xoves 9 de maio e co gaio da celebración a vindeira semana do Día das Letras Galegas visitounos un Contacontos, Mouro Moure, subvencionado polo Consorcio Editorial. Mouro Moure contounos historias da natureza e de Antonio Fraguas, autor homenaxeado este ano 2019.

SEMANA DO LIBRO

Durante toda esta semana, que se dedica á SEMANA DO LIBRO, co día 23 como día específico do libro, no noso cole celebrámmolo cun apadrinamento lector. Así, os nenos nenas de 4º ata 5º de primaria léronlles difrentes contos, libros, comics, etc. aos nenos e nenas máis pequenos.

VISITA DE COGAMI

Este venres 12 de abril e como remate deste trimestre contamos coa visita de COGAMI, que nos organizaron una Yinkana Inclusiva, co fin de mentalizarnos e concienciarnos e solidarizarnos coas persoas con alguna discapacidade.

Esta actividade foi organizada pola ANPA á que dende aquí queremos dar as grazas.

Aquí tedes as fotos:

SAIDA A SANTIAGO

Este pasado venres 29 de marzo o alumnado de 3º a 6º de primaria viaxaron a Santiago de Compostela para asistir en primeiro lugar a un CONCERTO DIDÁCTICO no Auditorio de Galicia para despois, xa pola tarde, despois ter tempo de lecer, visitaron o PORTICO DA GLORIA e a CATEDRAL DE SANTIAGO.

Distribuir contido


by Dr. Radut