Skip to Content

DIA ESCOLAR POLA PAZ

Hoxe conmemoramos o DIA ESCOLAR POLA PAZ, e de acordo co noso PDI deste curso, coas nosas SEMENTES POLA PAZ e coa grabación dun video de todo o colexio,  que tentaremos subilo para que o poidades ver.

VIAXE A LUGO DE 5º E 6º

O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu este xoves 16 de xaneiro ao Auditorio Gustavo Freire para asistir a unha obra de teatro en inglés, Alice's Adventure.

FESTIVAL DE NADAL CURSO 2019-2020

O pasado venres 20 de decembro tivemos o noso tradicional FESTIVAL DE NADAL, co que despedimos o primeiro trimestre. Tivemos a visita de Mamá Noel, sorteo de lotería, cancións, bailes, teatro, flauta e cantamos todos xuntos un villancico para rematar, as familias, os nenos e os profes.

TEATRO EN LUGO

Este martes 10 de decembro o alumnado de 1º a 4º de primaria viaxou a Lugo para asistir no Auditorio Gustavo Freire a unha obra de teatro "A NENA E O GRILO MAIS ALO". Despois comemos e xogamos un rato no parque.

DIA DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMIA

O xoves 5 de decembro celebramos o DIA DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA. O alumnado de 6º de primaria contounos a razón desta celebración.

INFONADAL

Dentro das actividades centradas no noso PDI deste curso, "Sementar, sementarei e consumidor responsable serei", hoxe tivemos unha charla da Escola Galega do Consumo INFONADAL, onde aprendemos a "consumir" dunha forma responsable durante o Nadal.

SEMANA DA CIENCIA

Desde o xoves 21 e ata o venres 29 de novembro celebramos no cole a SEMANA DA CIENCIA. Así cada clase, despois do recreo, presentounos diferentes experimentos cos que aprendimos moitas cosas novas e descubrimos cousas apaixoantes.

THANKSGIVING DAY

Onte celebramos o día de Acción de Gracias, Thanksgiving day. Todos demos as gracias por algo, pola nosa familia, pola saúde, pola escola, polos mestres e mestras, polas cousas que temos, etc.

TITERES A BRINCADEIRA NO COLE

Este martes e completando as actividades de conmemoración do Día contra a violencia de xénero visitáronnos Títeres a Brincadeira que estiveron na Biblionova co espectáculo de contacontos "A Carteira de Augasclaras". Estivo moi dinámico e divertido.

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe conmemoramos o DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO. Todo o noso apoio e solidaridade coas vítimas. VIOLENCIA CERO.

 

OS NENOS E NENAS DE 6º REPARTINDO LAZOS CONMEMORATIVOS

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut