Día Mundial da Infancia

O 20 de novembro conmemoramos o Día Mundial da Infancia. Foi un día diferente xa que para dar visibilidade ao Dereito a ter un fogar, a comunidade educativa vestiu o seu mellor pixama para acudir ao centro. Ademais, traballamos nas aulas os dereitos que temos como nenos e nenas e compartimos coas familias esta actividade invitándoas a plasmar as súas impresións no noso taboleiro da entrada.

Moitas grazas pola vosa implicación!

 

20 de Novembro de Berta

SE NON ESCRIBE, NON O TIRES!

MINH,O NOSO NENO ARTISTA

O NOSO ALUMNO MINH REALIZOU UN FERMOSO MURAL QUE REPRESENTA O CENTRO E O SEU ENTORNO.O ANO PASADO ENTRE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE PENSAMOS QUE SERÍA BOA IDEA FACER UN DEBUXO NA PAREDE BRANCA QUE ESTÁ NO PATIO.PARA ESCOLLER A TEMÁTICA CADA CLASE PRESENTOU UNHA PROPOSTA POR MEDIO DUN REPRESENTANTE DE AULA .DESPOIS DE ESCOITAR TODAS AS PROPOSTAS FOI O MOMENTO  DA VOTACIÓN, O TEMA ELEXIDO ENTRE TODOS OS PROPOSTOS FOI O DE 6º DE PRIMARIA ONDE PODÍAMOS VER O NOSO COLE  E A NOSA MASCOTA NICOLEO DANDO A BENVIDA AO CENTRO AO NOSO ALUMNADO E NA PORTA DE SAIDA AO PASEO OS NENOS  E NENAS MAIORES MARCHAN PARA O INSTITUTO.CO TEMA ESCOLLIDO AGORA SO FALTABA LEVALO AO PAPEL PERO SABIAMOS QUE TIÑAMOS O ALUMNO PERFECTO PARA DITA TAREFA,MINH,QUE É UN VERDADEIRO ARTISTA. GUSTOUNOS TANTO QUE DECIDIMOS FACER UN RINCÓN DENTRO DO CENTRO CO SEU DEBUXO.PRONTO DECORAREMOS A PAREDE  BRANCA NA SEGUINTE FOTO PODEDES VER QUE BONITO MURAL DECORA O NOSO RINCÓN DE INFANTIL.

MOITAS GRAZAS MINH,FIXECHES UN TRABALLO MARABILLOSO.

Diseño de maria

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

Achégase o remate do curso e pronto gozaremos das vacacións aproveitando o noso tempo de ocio para descansar e divertirnos. 

Polo que un ano máis queremos propor unhas recomendacións lectoras que de seguro vos farán pasar fantásticos momentos este verán.

Desexamos que vos gusten! 

INFORMACIÓN SOBRE A GRIPE E OUTRAS INFECCIONSAS RESPIRATORIAS

ENVIAMOS INFORMACIÓN SOBRE A GRIPE E OUTRAS INFECCIÓNS RESPIRATORIAS.

https://gripe.sergas.gal/

Distribuir contido