CADA MES UN LIBRO! NOVEMBRO
Enviado por lauracabarcos o Dom, 24/11/2024 - 14:29Un curso máis a biblioteca do Ponte de Xuvia cada mes realizará unha actividade relacionada cun conto que nos permita traballar algunha das datas sinaladas ou presentar as novas aventuras que chegan ata as nosas aulas en forma de libro.
Esta páxina irá engadindo novidades a medida que avance o curso.
Esperemos que vos guste!
20 N: Día Mundial da Infancia
Enviado por musicomiserable o Mar, 19/11/2024 - 18:46Os nenos do colexio queremos falar da infancia. Dos dereitos dos nenos, das súas características... E lembrarvos a todos que coidar e protexer a infancia é unha responsabilidade de todos.
Mensaxes Abalar
Enviado por lauracabarcos o Lun, 18/11/2024 - 08:58Estimadas familias,
Queremos informarvos que a partir de agora enviaremos as circulares comúns que parten dende dirección a través da plataforma abalar, quedando tamén publicadas na páxina web do centro no apartado de secretaría.
Un saúdo.
A Dirección.
MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
Enviado por carmenvazquez o Ven, 15/11/2024 - 12:05O 7 de novembro celebramos no noso centro o magosto. O castañeiro acudiu co seu tren para asar e repartir castañas para todos. Estaban deliciosas. Acompañamos estes froitos de outono con leite e zume.As familias estaban convidadas e participaron na degustación.Aproveitamos para celebrar tamén o Día do Peón. Os nenos e nenas trouxeron da casa os seus trombos, e cos que había no centro xuntamos diferentes tipos. Houbo outros xogos populares coma chapas, mariolas e ioiós. O mellor foi que desde ese día nos recreos xogamos cos peóns e xa estamos a pensar nun torneo.
Presentación Proyecto Trabajo Doodle Orgánico Multicolor de Purificación Fachal Corbeira
Material escolar, a túa oportunidade de colaborar
Queremos facervos partícipes dunha proposta de Recollida de Material Escolar que desenvolveremos no noso centro o xoves 14, en colaboración co Concello de Narón e o seu centro de Recursos Solidarios.
Así que animámosvos a facer a vosa aportación nas entradas dos edificios de Infantil e Primaria onde situaremos unhas caixas para a recollida de calquera tipo de material escolar que poida axudar aos máis pequenos das zonas afectadas pola DANA en Valencia a volver o antes posible e completamente equipados ás aulas.
Agardamos da vosa colaboración e esperamos que a solidariedade únanos unha vez máis.
SAMAÍN 2024
Enviado por vrbasoa o Dom, 10/11/2024 - 17:57O 30 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O SAMAÍN NO COLE ACOMPAÑADOS POR MOITAS DAS NOSAS FAMILIAS. CADA ANO SOMOS MÁIS, E AS NOSAS FESTAS E TRADICIÓNS SUBEN DE NIVEL... CANTA IMAXINACIÓN NA DECORACIÓN DAS CABAZAS, NA ELABORACIÓN DOS DISFRACES... CANTO MÉRITO TEÑEN OS FEITOS NA CASA, GRACIÑAS!!!
NON PODEMOS DEIXAR DE LADO AS MERENDAS... CADA ANO MÁIS CANTIDADE E POR SUPOSTO TODAS ESTABAN TERRORIFICAMENTE RIQUÍSIMAS!!! NON PERDADES AS MAÑAS ;)
ESTE ANO ADEMAIS, CANDO MARCHARON AS FAMILIAS FIXEMOS UN TRUCO-TRATO INTERNIVELAR, AGASALLÁNDONOS UNS XOGOS FEITOS POLOS NENOS E NENAS PARA OS COMPIS DOUTRA CLASE, PASÁMOLO EN GRANDE!!!
DESEXANDO QUE CHEGUE A PRÓXIMA FESTA E NOS POIDADES ACOMPAÑAR, A ESCOLA SOMOS TODOS!!!
SAMAÍN 2024 de Vero Ramos
E o curso cos bocadillos máis saudables no mes de outubro foi...
Enviado por lauracabarcos o Ven, 08/11/2024 - 16:13Calendario de eleccións ao consello escolar
De acordo co decreto 92/1988 da Xunta de Galicia, do 28 de abril D.O.G. do 29, polo que se regulan os órganos de goberno dos colexios públicos, lévase a cabo a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, de acordo co calendario fixado pola Resolución do 10 de setembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia 18/09/2024)
Nesta resolución indícase o seguinte:
∙ O dereito a elixir e a ser elixido/a correspóndelle ao pai e a nai, ou, no seu caso, aos titores legais.
∙ O Censo está exposto no taboleiro: Se algún pai /nai non está no censo ou algún dato é erróneo deberá comunicalo o máis axiña posible na secretaría do centro (data límite 6 de novembro).
∙ A Mesa electoral estará formada pola directora do centro, que será a presidenta, e catro pais/nais designados en sorteo público, que terá lugar na secretaría do centro o día 11 de novembro ás 9 horas.
∙ Poderanse presentar as candidaturas de 29 de outubro ao 8 de novembro.
∙ A proclamación definitiva de candidatos, despois das posibles reclamacións, a realizará a Xunta Electoral, que está formada pola directora, como presidenta, un pai/nai, e un mestre/a que actuarán como vocais. O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector/a acreditará a súa identidade.
∙ Cada elector fará constar na papeleta un máximo dunha cruz que sinale o/a candidato /a que elixe. Serán nulas as papeletas con máis cruces.
∙ Ao remate das eleccións se procederá ao escrutinio público e levantamento das actas correspondentes.
∙ A votación terá lugar o martes 19 de novembro en horario de 9 a 9:50 h e de 14:00 a 14:30 h.
∙ A organización e supervisión estará a cargo da Xunta electoral.
No arquivo adxunto poñemos á vosa disposición o calendario de actuacións que seguiremos no desenvolvemento destas eleccións.
CADA MES UN LIBRO! OUTUBRO
Un curso máis a biblioteca do Ponte de Xuvia cada mes realizará unha actividade relacionada cun conto que nos permita traballar algunha das datas sinaladas ou presentar as novas aventuras que chegan ata as nosas aulas en forma de libro.
Esta páxina irá engadindo novidades a medida que avance o curso.
Esperemos que vos guste!
VÍDEO INICIAL RECREOS ACTIVOS
Enviado por gymartistic o Ven, 18/10/2024 - 10:58Comezamos un novo curso con moita gana de xogar, facer exercicio así como de cantar e bailar.
Preme na seguinte imaxe para ver este vídeo inicial.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »