AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022/2023. Educacion Primaria

Abrir enlace da convocatoria 

Resumo e datos de renda familiar (2020)

PRAZO: dende o xoves 19 de maio ate o mércores 22 de xuño (inclusive)

 

PRESENTACIÓN

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Abrir enlace  e acceder coa Chave365. 
- Opcionalmente, poderanse entregar as solicitudes presencialmente no centro.

Entrega presencial de 9.30 a 12.00 horas con CITA PREVIA no teléfono 650977667

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. Deben asinar todos os membros da unidade familiar, menos a persoa solicitante. En caso de que sexa menor de idade, firma un dos proxenitores)

 

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais da copia do libro de familia a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. (Coa custodia compartida deben asinar os dous proxenitores)

 

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

 

e ) No caso de que o pai e nai carezan de DNI ou NIE ou, no caso de non ter libro de familia: Certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2020.

 

f) No caso de non poder acreditar a unidade familiar con ningún dos documentos sinalados anteriormente, haberá que aportar un certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2020.

 

Agradecemos que revisen toda a documentación e sinaturas antes de entregar a solicitude no centro. 

 

Imprimir anexo I e anexo II aqui ou, poden recollerse na conserxería do centro.

 

CALENDARIO DE PRAZOS

 

  • Entrega de documentación: ate o 22 de xuño (inclusive)



  • Resolución provisional: 6 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram. Período de reclamación:os dous días seguintes á publicación.

 

  • Resolución definitiva: 13 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

 

 

Tanto os vales concedidos como os libros de texto de préstamo serán entregados no mes de Setembro(Informarase nesta web e telegram)

ACLARACIÓNS

 

DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o vindeiro luns 16 de maio é día non lectivo no noso centro. As clases reanudaranse o mércores día 18. 

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA ADMISIÓN ALUMNADO (Curso 2022-2023)

 

Xoves 12 de Maio de 2022

Publicamos no dia de hoxe, a resolución definitiva de novo alumnado admitido e non admitido para o curso 2022-2023.

 

Non houbo variacións con respecto ás listaxes provisionais  

 

A formalización de matrícula será do luns 20 ata o xoves 30 de xuño, ambos inclusive.

Publicaremos próximamente,  toda a información da matrícula nesta mesma web

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

Con data de 22 de abril de 2022,  informamos da Publicación da Resolución Provisional de alumnado admitido para o curso 2022-23

 

AVISO: As listaxes están publicadas no taboleiro interior do SECRETARIA DO CENTRO pois pola Lei de Protección de Datos, o centro non pode difundirlas na web.

 

Se o precisan, poden consultarse na secretaria do centro, de 09:30 a 12:30. Non é preciso pedir cita. 

 

 

CURSO 2022-23

Nº de solicitudes

Resolución Provisional

4º Educación Infantil

85

TODAS ADMITIDAS

5º Educación Infantil

2

TODAS ADMITIDAS

6º Educación Infantil

2

TODAS ADMITIDAS

1º Educación Primaria

2

TODAS ADMITIDAS

2º Educación Primaria

2

EXCLUÍDAS. Non hai vacantes (actualizadas a 22/04/22)

3º Educación Primaria

1

4  RESERVAS DAS UNITARIAS ADMITIDAS

4º Educación Primaria

1

TODAS ADMITIDAS

5º Educación Primaria

1

TODAS ADMITIDAS

6º Educación Primaria

1

TODAS ADMITIDAS

 

Prazo de reclamacións ao resultado listaxe provisional: ata o venres día 29 de abril.

Lugar: secretaría de 09:30 a 12:00 

Resolución definitiva: publicarase antes do 15 de maio.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA, do 20 ao 30 de xuño.: Informaremos nesta mesma páxina web da súa formalización.

APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 22/23

Prazo: Do 7 ao 29 de abril (ambos inclusive)

Lugar: Na secretaría do centro de 9:30 a 12:30 ou  por mail ao enderezo administracion@pontedosbrozos.gal

SOLICITANTES:

Alumnado que xa está no centro e é USUARIO LEXÍTIMO (domicilio a máis de 2 km.) durante o curso 2020/2021: NON teñen que facer nova solicitude.

Alumnado que xa está no centro e é USUARIO EXCEPCIONAL durante o curso 2021/2022: SI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2022/2023

Alumnado que xa está no centro, non usa transporte neste curso, e quere facer uso do transporte, tanto excepcional como lexítimo, para o seguinte cursSI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2022/2023

 Alumnado de nova incorporación ao sevizo de transporte ou alumnado que necesite cambiar de paradaSI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2022/2023

Alumnado NOVO no centrorealizará a solicitude no momento da matrícula.

Os usuarios que causen baixa para o curso 2022/2023 deberán comunicalo na Secretaría ANTES do 22 de xuño.

DOCUMENTOS A PRESENTAR COAS SOLICITUDES: Impreso. Poden descargalo aquí : usuarios excepcionais ou usuarios lexítimos,  ou solicitalo na secretaría do colexio.

ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de praza para o próximo curso, as solicitudes entregadas en prazo e forma foron:

Curso 2022/2023

VACANTES

Nº SOLICITUDES

4º Educación Infantil

125*

85

5º Educación Infantil

27

2

6º Educación Infantil

8

2

1º Educación Primaria

5

1

2º Educación Primaria

1

2

3º Educación Primaria

31

1

4º Educación Primaria

6

1

5º Educación Primaria

22

1

6º Educación Primaria

17

1

Vacantes actualizadas con data de 24/03/22

 * 15 prazas de reserva para alumnado con NEAE

IMPORTANTE:

Ao existir máis solicitudes que vacantes ofertadas polo centro, procederase á de baremación en 2º de Primaria. 

As familias entregarán documentación acreditativa dos criterios alegados para o baremo (de carácter voluntario) ata o 6 de abril.

O centro informará nesta web da publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos, antes do 25 de abril de 2022.

 

 

NOVA ORGANIZACIÓN DAS SAÍDAS

A partir do luns día 14, as familias accederán ao interior do recinto escolar a RECOLLER aos seus fillos/as. 

Achegaranse ás portas por onde saen do pavillón correspondente Á MESMA HORA que o veñen facendo ata o de agora.

O alumnado de 5º e 6º de primaria que non estea autorizado a saír só, deberá ser recollido na porta do pavillón.

É obrigatorio o uso da máscara dentro do recinto escolar.

Moitas grazas pola súa colaboración. Un saúdo. 

O Equipo Directivo.

Distribuir contido