Prazo: do 20 de xuño ao 1 de xullo, ámbolos dous inclusive.
Para formalizar a matrícula hai que presentar na secretaría do centro:
Impreso de matrícula cuberto e asinado por algún dos proxenitores ou titores/as legais.
Dúas fotografías tamaño carné co nome do alumno/a escrito por detrás.
Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
Volante de empadroamento actual.
O impreso de matrícula pódese recoller na secretaría do centro ou descargarse dende aquí.
No impreso deben sinalar se seleccionan relixión (cal delas) ou atención educativa.
Se solicitan transporte escolar, na secretaría entregaráselles o formulario correspondente.
REUNIÓN COAS FAMILIAS DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO
Lugar: Centro Cívico e Social
Día : 25 xuño
Hora: 16:30 h.