IMPORTANTE

Dende o día 30 de outubro, luns, as portas do recinto escolar abriranse as 9.25 para o alumnado de Educación Primaria. As familias poderán acceder ao recinto acompañando ao alumnado ata que este sexa recollido polo profesorado ás 9.30. Á saída, as portas abriranse ás 14.25 e procederase como de costume.

En Educación Infantil, as portas abriranse ás 9.25 á entrada e ás 14.10 á saída. En ambos horarios procederase como de costume.