Publícase con data do 13 de xullo a resolución definitiva das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2023-2024
As listaxes definitivas consultaranse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada da CONSERXERÍA. Horario de 9.30 a 12.30.
Os vales recolleranse na Secretaría do centro en horario de 9.30 a 12.30. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale ou/e o cheque previa presentación do DNI/NIE. De non poder acudir, autorizará a outra persoa para facelo. As quendas preferiblemente serán as seguintes:
- Luns 17 de xullo. 1º e 2º de Primaria
- Martes 18 de xullo. 3º e 4º de Primaria
- Mércores 19 de xullo. 5º e 6º de Primaria
Poderanse recoller os vales dos irmáns no mesmo día.
Os libros de 3º e 4º serán entregados unha vez comece o curso a través das/dos titoras/es.