RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024

 

Publicase con data de 10 de xullo a resolución provisional das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2023-24.

As listaxes provisionais deben consultarse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada da  CONSERXERÍA.  Horario de 9.30 a 12.30.

 

Non é posible publicar os resultados na web do centro por estar así indicado na Orde que regula a convocatoria das axudas.

Así mesmo, as persoas que tramitaron a solicitude de forma telemática, poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. 

Para o alumnado de 3º e 4º de Primaria, coñecerán o nº de libros que se lles concede. Na resolución definitiva poderán comprobar os libros (materias) que se lles adxudican.

Alumnado de 5º e 6º de Primaria: ao ter concedido o proxecto Edixgal (libro dixital) a aplicación desactiva automáticamente o préstamo de libros. As axudas solicitadas para material continúan sendo válidas.

Os vales recolleranse na Secretaría do centro en horario de 9.30 a 12.30. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale ou/e o cheque previa presentación do DNI/NIE. De non poder acudir, autorizará a outra persoa para facelo. As quendas preferiblemente serán as seguintes:

- Luns 17 de xullo. 1º e 2º de Primaria

- Martes 18 de xullo. 3º e 4º de Primaria

- Mércores 19 de xullo. 5º e 6º de Primaria

 Poderanse recoller os vales dos irmáns no mesmo día. 

Os libros de 3º e 4º serán entregados unha vez comece o curso a través das/dos titoras/es.

 

Para posibles reclamacións e correccións, dispoñen ata o día 12 de xullo, en horario de secretaría (09:30 a 12:30). Unha vez rematado este prazo informaremos na web da publicación da resolución definitiva.