PRAZO: dende o luns 22 de maio ate o mércores 21 de xuño (inclusive)
PRESENTACIÓN:
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Abrir enlace e acceder coa Chave365.
- Opcionalmente, poderanse entregar as solicitudes presencialmente no centro.
Entrega presencial de 9.30 a 12.00 horas SEN CITA PREVIA na Secretaría do centro.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. Deben asinar todos os membros da unidade familiar, menos a persoa solicitante. En caso de que sexa menor de idade, firma un dos proxenitores)
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais da copia do libro de familia, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. (Coa custodia compartida deben asinar os dous proxenitores)
c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e ) No caso de que o pai e nai carezan de DNI ou NIE ou, no caso de non ter libro de familia: Certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2021.
f) No caso de non poder acreditar a unidade familiar con ningún dos documentos sinalados anteriormente, haberá que aportar un certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2021.
Agradecemos que revisen toda a documentación e sinaturas antes de entregar a solicitude no centro.
Imprimir anexo I e anexo II aqui ou, poden recollerse na Secretaría do centro.
CALENDARIO DE PRAZOS
Entrega de documentación: ate o 21 de xuño (inclusive)
Resolución provisional: 12 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.
Período de reclamación:os dous días seguintes á publicación.
Resolución definitiva: 26 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.
Tanto os vales concedidos como os libros de texto de préstamo serán entregados no mes de Setembro (Informarase nesta web e na canle de Telegram do colexio)